A nosa última definición de Tecnoloxía.

Ola Stellares!

Hoxe vou a comentar a última expositiva que tivemos o día 10 de maio. Para a miña sorpresa a profesora decidiu rematar a materia coa mesma actividade que a comezou, o cal é unha boa forma de rematar; ou polo menos a min resultoume orixinal.

A actividade consistía en repartirnos uns sobres cun montón de pequenos papeis onde se atopaban conceptos escritos relacionados coas novas tecnoloxías, os cales deberíamos de utilizar para elaborar unha definición das Novas Tecnoloxías (en grupos de catro). Realmente non era consciente do gran avance que experimentara dende a primeira sesión.

En primeiro lugar, na primeira sesión, no noso grupo adicámonos a separar todos aqueles termos que non coñecíamos ou que non sabiamos o que significaban realmente (que non eran poucos). Tras isto construímos unha definición baseada principalmente no ámbito dixital, nos dispositivos tecnolóxicos e na rede.

Neste caso as tornas cambiaron, a maioría dos conceptos que estaban nos recortables eran familiares para nós e pouco nos era descoñecido. 

Aquí vos deixo os recortes que empregamos no meu grupo para elaborar a nosa definición, a cal tamén está persente na entrada: "El principio y el final - Ultima definición del concepto de Tecnología" da miña compañeira Laura.

definicion tecnologia.jpg

A definición que optamos por realizar é a seguinte: "Las nuevas tecnologías son herramientas de aprendizaje que se pueden utilizar en la educación para aportar información y dotar de conocimiento a la sociedad. En concreto, en Internet es donde formamos nuestra identidad digital y nuestra imagen personal a través de redes sociales, por lo que tenemos que tener una seguridad y protección de nuestro datos debido al acoso que se puede llegar a sufrir. Debemos destacar la brecha digital que se crea y para la resolución de este problema se debería distribuír de forma equitativa la economía en todos los entornos y culturas a nivel global".

Como podedes observar nesta última definición non facemos fincapé nos dispositivos dixitais senon que incluimos sobre todo a importancia da seguridade en rede ou o importante papel que xoga a economía na dixitalización das diferentes áreas ou sociedades. Isto último para min resultou de vital importancia xa que o termo "Brecha dixital" non era moi familiar para min nuns inicios.

Tamén introducimos a importancia que xogan as novas tecnoloxías na educación mentres que na primeira definición só destacabamos aspectos positivos referentes a canto nos falicitaban a vida.

Pero o que me resultou máis relevante é que nesta última definición somos conscientes de que todos estes termos fan referencia ás Novas Tecnoloxías e non á tecnoloxía en xeral que non ten porque ser necesariamente novidosa. Aspecto importante que non tivemos en conta na primeira sesión.

Espero que vos gustara a nosa definición.

Un saúdo!

Comentarios

  • Adán Acevedo García

    Hola! A verdade é que é sorprendente como cambiou a forma de ver o termo Tecnoloxía Educativa por parte de todos nós. Cando o describimos por primeira vez fixemos pouco mais dunha definición pobre sobre dous termos, pero agora xa somos capaces de definir un só concepto, mostra de todo o aprendido neste periodo.