Reflexión Final

Chegados a este punto, antes de realizar o meu portafolios, vou reflexionar brevemente sobre o que me aportou a materia de tecnoloxía educativa xa que profundizarei un pouco máis no portafolios, considero que esta materia me axudou a familiarizarme con conceptos que antes me eran descoñecidos, como poden ser o PLE, LMS, hipertexto, hipermedia, e-learning, m-learning etc.

Ademais diso tamén me permitiu coñecer os diferentes aplicacións como RSS e Symbaloo, que son ferramentas de gran utilidade para axilizar e organizar a nosa navegación pola rede sobre páxinas as que accedemos con normalidade, e tamén todo o que ten que ver cas Narrativas Transmedia, que son iniciativas educativas moi aptas para desenvolver un aprendizaxe activo por parte do alumnado.

Tamén realizamos outra tarefa que foi editar na Galipedia, da que non tiña nin idea da súa existencia, o tema sobre o que editamos foi sobre a Curación de Contidos, ademais considero que esta páxina pode ser de gran utilidade para a difusión do galego, polo que é bo colaborar para mellorar e ampliar os contidos que nela se expoñen.

Outra das tarefas que realizamos foi a elaboración do storyboard previa paso a realización do vídeo, a produción deste ofreceunos a posibilidade de percatarnos da dificultade que entraña realizar o mesmo, posto que existen múltiples matices que hai que controlar dende o enfoque, a voz, os xestos etc. así como a sincronización entre os que o elaboran, considero que foi unha actividade moi enriquecedora, posto que tamén é a miña primeira experiencia nunha actividade desa índole.

Ademais tivemos a oportunidade de ver cales eran os proxectos de inmersión da tecnoloxía na educación, que dependendo dunha comunidade ou outra recibiría unha denominación ou outra, nós concretamente traballamos sobre o proxecto da Comunidade Valenciana, que puidemos ver que nesa comunidade había moitas discrepancias ante este tema, posto que non se aceptou o plan nacional sobre esta inmersión senón que elaboraron un propio, que por certo tivo un escaso éxito.

Tamén vimos algúns tipos de softwares educativos, e como estes se fundamentan en diferentes teorías do aprendizaxe dende as clásicas (constructivista, cognitivista, conductivas) e outra máis recente vinculada a era dixital denominada “Conetivismo”, como vimos estes softwares poden ser unhas ferramentas idóneas para potenciar o aprendizaxe, xa rompe co esquema tradicional de educación e fan o proceso de aprendizaxe máis dinámico.

Vinculado aos softwares educativos aparecen os REA, que son Recursos Educativos Abertos, os cales son un movemento que trata de difundir materiais e recursos educativos e contan unha gran variedade de materias didácticos como poden ser libros, artigos, programas etc. para fomentar a ensinanza e o aprendizaxe xa que son de licencia libre.

Outra das temáticas tratadas foron os riscos que poden correrse na rede, e como a identidade e reputación dixital poden influír de gran maneira na vida real das persoas, por iso é realmente importante que as persoas tomen conciencia deles para que controlen a súa actividade na rede, pois todo o que publican pode volver a ser recuperado en calquera momento.

Para finalizar considero que a metodoloxía de levar esta materia foi innovadora, posto que non se nos estableceron pautas para o desenvolvemento do mesmo, senón que teriamos que ser nos quen regularamos o noso proceso de aprendizaxe fomentando así o aprendizaxe autónomo do alumnado, anque ben e certo que ao comezo estaba un pouco “perdido” posto que non sabia se o estaba a facer ben ou non, pero considero que é unha metodoloxía apropiada porque fai que o alumnado tome as súas propias decisións sen que alguén lle impoña nada. 

Comentarios

  • Jesús López

    Boas Rubén!

    Lendo a túa entrada, decátome da multitude de conceptos que coñecemos e cos que traballamos. Hai un par de meses, gran parte das palabras que sinalas en negriña non podería nin dicir de que van e, a día de hoxe, non só coñecemos o seu significado, senón tamén aspectos importantes da súa aplicación, posibilidades, resultados...

    Penso que, niso se reflicte o resultado da metodoloxía ao que fas referencia na última parte do texto.

    Un saúdo!

  • Cristina Arcos Caamaño

    Buenas tardes Rubén, al leer tu entrada me he dado cuenta de la cantidad de conceptos que hemos aprendido en unos escasos dos meses. Antes de emprendernos con esta asignatura no sabíamos ni el significado de estos conceptos ni sabíamos ubicarlos en la educación y mucho menos en la tecnología educativa.

    Los conceptos a los que has hecho referencia son aquellos en los que hemos profundizado en la materia, pero bajo mi punto de vista muchos conceptos que quedaron de trasfondo, y en los cuales no hemos profundizado ni estudiado son igual de importantes y más para poder actuar como pedagogxs. La Brecha Digital, El Ciberbullying o la Identidad Digital, son estos aspectos que no hemos tocado directamente y los cuales pueden ocasionar problemas que deberemos solucionar como pedagogxs.

    En referencia a la metodología es verdad que es una metodología novedos e innovadora, pero nosotrxs como alumnxs que aplicamos toda nuestra vida académica la teoría conductista supone una dificultad a mayores. Desarrollarse con esta metodología para nosotrxs es complejo puesto que no estamos acostumbrados y al no establecer unas normas específicas estamos un poco perdidos. Pero con el paso del tiempo se ha vuelto una asignatura en la cual hemos aprendido cantidad de conceptos de una manera dinámica y de forma indirecta.