O último que apague a luz...

...pero que non peche a porta. O noso camiño coa Tecnoloxía Educativa acaba de comezar!

 

Chega o final dunha materia (ou iso agardamos todos) e con ela a miña última reflexión antes de elaborar o meu portafolios.

A verdade e que para min, e ao igual que a moitos de vos segundo puiden ler nas vosas reflexións, esta materia supuxo un antes e un despois en termos de metodoloxía e proceso de aprendizaxe. Debo admitir, que a min todo isto colleume co pe cambiado. A miña costume de afrontar a maior parte de materias coma o que son: un conxunto de clases maxistrais sucesivas onde se espera de ti un suxeito pasivo. Amais, uns pequenos traballiños a realizar nas interactivas para xustificar o cansino Plan Bolonia e un traballo máis extenso a quince días do exame, que supón en conxunto un sprint final co que rozamos pouco menos que a clasificación para os vindeiros Xogos Olímpicos. Todo isto, fixo que ata que chegaron as notas da primeira avaliación, seguise adormecido no inmobilismo dunha mente (a propia) e dun sistema que nos consume e que pouco concorda co grao que parece ser, cursamos.

A Pedagoxía semella ter a resposta a moitas preguntas, o problema é cando non nos preguntamos nada, pois así, a existencia de respostas é tan pouco eficaz coma o ditado dos apuntes elaborados hai vinte anos, actualizados para versión power point (xa nos entendemos).

Así pois, choquei coa realidade, intentei orientarme e apoieime nos demais para darlle un xiro radical á miña participación neste microcosmos e aproveitar a experiencia. Para un día que “nos sacan de paseo” fóra da avaliación memorística, a aprendizaxe conductista e nos dan a oportunidade, ferramentas e recursos, para ser protagonistas do noso propio proceso de aprendizaxe, non nos íamos portar mal…

Así que, tentei mudar a perspectiva e arrimar o ombreiro. Neste sentido, gustaríame agradecerlles a Beatriz Pena e a Carla García a súa capacidade para facer máis levadío e satisfactorio o traballo en grupo, así como a súa contribución para que cada un de nós, fose quen de enderezar o rumbo e planificarse.

Neste senso, aproveito para envorcar aquí os traballos grupales que realizamos, xa que non o fixera con anterioridade:

-Tecnología USC http://stellae.usc.es/red/blog/view/146254/tecnologia-usc

-Redacción de una noticia http://stellae.usc.es/red/blog/view/147422/sesion-interactiva-redaccion-de-una-noticia

- Galipedia http://stellae.usc.es/red/blog/view/148274/contribuindo-a-galipedia

-Video Competencia Digital http://stellae.usc.es/red/blog/view/150020/video-competencia-digital

-Escuela 2.0 Andalucía http://stellae.usc.es/red/blog/view/150508/escuela-20-andalucia

Agora comezo co meu portafolios, no cal intentarei relatar ese proceso de aprendizaxe e esquemas mentais que contribuíron a construción dun mapa de conexións propio que relaciona non só coñecementos, senón tamén o desenvolvemento persoal de habilidades, actitudes e competencias. Agardo opinións e espero ler os vosos!

Comentarios

  • Lorena Resua

    Boas tardes Jesús!

    Estou totalmente de acordo con todo o que acabas de dicir, de feito a min pasoume algo semellante xa que acostumada a materias nas que case non temos que participar, costoume realmente coller o fío e a iniciativa para poñerme a traballar nesta asignatura e mais en concreto nesta rede social como é Stellae.

    Moita sorte coa elaboración do portafolios!

  • Jesús López

    Moitas grazas Lorena!

    Xa non queda nada, e estou a piques de subilo. Botareille un ollo ao teu tamén, xa que compartimos sensacións ;-)

    Un saúdo