Xornada de reflexión

A sesión do día dez de abril, resultou ser unha xornada de reflexión sobre o traballo que estamos levando a cabo despois da revisión dos cartafois que a profesora levou a cabo durante a Semana Santa. A grandes rasgos, estas son as observacións que nos fixo:

- Unha vantaxe da avaliación formativa é que deste xeito a profesora convírtese en testigo da nosa evolución, interaccións, reflexións, coñecementos...

- Reflexionamos sobre a importancia de escribir, un acto de demostrarse  demostrar aos demais. A rede social é unha oportunidade para comunicar.

- Non se tiveron en conta as páxinas fillas, a estructura dos cartafois, dado que iso é algo que debemos levar a cabo ao peche do noso blog.

-Cando escribamos un texto, debemos situalo con datas, nomes e contextos. Hai que utilizar as referencias dun xeito correcto. (Neste punto fíxose un inciso sobre a tecnoloxía, o proxecto ABALAR e os recortes en educación)

- Hai que saber ter en conta as situacións nas que se elaboraron os documentos, colocalos no seu nivel e adaptalos aos novos documentos. Hai que seguir as novas versións, manterse actualizados.

-Debemos citar os documentos normativos correctamente.

-Facer análises críticas sobre as fontes. Tomar notas de campo e incluso levar un diario.

Ao remate desta sesión proponse un debate, tentando dárlle resposta á pregunta formulada pola profesora.

"¿Como lle afectan os recortes económicos ao profesorado?"

Como tarefa debemos explorar diferentes miradas sobre o profesorado e sobre como lles afectan os recortes. Pescudar en informes sobre o profesorado como o TALIS.

Para levar a cabo o debate a profesora divide a clase en dous bando, un que defenderá o opinión de que o profesorado mantén unha posición de benestar, e o outro que defenderá o malestar docente. O debate levarase a cabo na seguinte sesión, do once de abril.

Non vou profundizar nos temas tocados durante o debate dado que esos días elaborei eu o resumo das sesións para o blog do grupo de traballo, e nesa entrada e en todos os comentarios que a raíz do debate xurdiron, considero que deixei suficientemente clara a miña opinión ao respecto. 

Sen embargo gustaríame engadir algo como reflexión propia sobre este tema. Inda que nos tempos de crise nos que vivimos na actualidade, a profesión docente pode vivirse como un ámbito de benestar, ésta non se atopa exenta de moitas outras problemáticas, que producen malestar. Unha das principais é o respecto á propia profesión, que de algún xeito foi desaparecendo co paso do tempo. Hai moitos factores que explican esta situación, pero esos factores, como coñecemento abstracto non nos alivian, nin nos quitan a envexa cando vemos cousas como esta:

CR_636006_japoneses.jpg

 

Iso si, pese a que como mestra non teño ningún emperador que se incline ante min, si teño e disfruto do placer de saber o importante que é o meu traballo, e a satisfacción que te da cando chega o día que un ex-alumno cun sorriso dáche as gracias polo que fixeches por el. E iso ningún malestar do mundo poderá facelo desaparecer da miña memoria.