A colaboración

Igual que en ocasións anteriores, este bloque da materia teñoo rexistrado de xeito irregular, debido ás irregularidades da miña asistencia.  Faltei á sesión do 25 de abril, onde se plantexou por primeira vez o tema da colaboración, e polo tanto esta entrada é do día 2 de maio. Mandouse ademais, elaborar un microrelato sobre o que imaxinamos serán as nosas experiencias como asesores cando nos incorporemos á función.

Microrelato.doc

Neste día comeza a sesión cunha revisión sobre os contidos da avaliación, facendo fincapé na asistencia e nas intervencións.

A continuación plantéxase a colaboración como eixo fundamental da docencia. A profesora plantexa unhas dúnidas:

-¿Qué culturas de colaboración existen na docencia? ¿Cómo cambialas cando non son as idóneas?

Sobre esta idea debe xirar o microrelato, sobre a colaboración.

A continuación xorde outra dúbida. ¿Porqué pensamos sonre o que pensan de nos? O obxectivo é distancialo, analizalo e desfacerse dos tópicos. Cando se traballa con alguén que te cae mal, hai que centrarse no obxectivo común, que é a mellora dos alumnos. Tendo isto claro, debemos buscar todos os medios para colaborar.

Plantexada esta idea, eu pregúntome qué pasa cando non todos os profesores teñen ese obxectivo común. 

Outra compañeira, plantexa unha dúbida similar, que quizais, incluso se o obxectivo é o mesmo, o xeito de definilo non é o mesmo, e a estratexia desenvolta, choca. A raíz deste punto desenvolvese un debate.

Unha compañeira comenta que non entende porque non se aplican as estratexias de traballo en equipo nos centros educativos, excursións, actividades de coñecemento mutuo e confianza, dinámicas de grupo...

Contestánlle que quizais non serían útiles porque os profesores non se ven como un equipo, o cal nos fai reflexionar sobre por qué isto é así, e qué se pode facer para cambialo. Pode que dependa do nivel, polo menos da a impresión que en etapas inferiores, como infantil ou primaria, o profesorado está máis unido que en etapas superiores.

Unha compañeira comenta que quizais se pode premiar a participación na colaboración. Sen embargo hai que ter coidado á hora de difuminar a liña entre compañeiros e amigos. As empresas prefiren difuminar esa liña, para facer que os empregados sexan máis productivos, pero na escola non debería ser así. A compañeira que plantexara a idea contéstalle que ela referíase so a actividades e tarefas de coñecemento mutuo, non a crear amizades. Outra compañeira apoiaa dicindo que son dinámicas de respecto e comprensión, non se trata de facer amizades.

As actividades empresariais levanse a cabo para ser máis competentes, idea que agora se transladou ao terreo educativo, no que o obxectivo é convertir aos alumnos en bos empregados. Outra compañeira refútalle que se o obxectivo é bo, non importa o medio polo que se consigue.

Unha compañeira comenta que se competente é bo, e ser competitivo axúdache a aspirar a máis. Eu contéstolle que non creo que o traballo por competencias sexa para facer aos alumnos competitivos, senón para darlles as que se consideran as capacidades básicas para vivir na sociedade actual.

En resposta a un comentario sobre o traballo en grupo, a profesora comenta que está ben ser bo, pero que tamén hai que saber valorar o que fas ti mesmo. Os profesores sabenque normalmente hai líderes nos grupos que son os que tiran do carro.

Outro compañeiro puntualiza que non deberiamos utilizar as técnicas empresariais en educación, porque os obxectivos dunha empresa non teñen anda que ver cos dunha escola.

A profesora contéstalle que non se debe demonizar ás empresas, que poden aportar cousas positivas, ao igual que o exército e a investigación militar, que xa no pasado aportaron cousas boas á educación.

Outra compañeira di que o feito de que exista unha teoría nova non quere dicir qeu todo esté arranxado, o feito de que se instale a teoría das competencias nos centros educativos non quere dicir que se apliquen.

A profesora observa que non debemos mezclar os dous conceptos. Por unha banda está a competitividade, e por outro a competencia. Feita esta distinción, hai que ter en conta que todos queremos e precisamos ser competentes. Pero, volvendo á pregunta orixinal, ¿por qué é tan difícil ser colaborativo nos centros educativos? Porque a colaboración apréndese e nos entornos educativos actuales, non se educa para a colaboración. O individualismo ten duas caras, unha positiva na que te coñeces a tí mesmo e outra negativa, que perxudica porque fai que te encerres. 

Nas sesións do 8 e 9 de maio, a profesora coméntanos que o día 15 de maio virá a visitarnos Mª José Lorenzo, PT dun centro de Noia, para expoñernos as súas reflexións sobre o seu traballo. Tamén indica que isto é interesante, xa que na actualidade non existe ningún reflexo do traballo diario dun orientador, e coñecer esa experiencia de primeiroa man, resulta moi positivo. Coméntanos o caso de Wollscott, que fixo un estudio acompañando durante na súa xornada laboral aa un director, e comenta que sería interesante facer o mesmo cun orientador. É difícil atopar voluntarios para isto, pois expóste a críticas, despois de todo é alguén que vai a cuestionar o teu traballo, a facer preguntas.

A continuación, continúase coas reflexións da sesión anterior, esta vez dende un punto de vista teórico. A profesora expón que os profesores son a columna vertebral do ensino. As veces o asesoramento tampouco é fácil, pois se trata de atopar o equilibrio no traballo con outro profesional. Neste traballo conxunto, debe atoparse unha profesionalización, para mellorar e avanzar.

Reflexionando sobre os nosos aportes dos profesores vistos por los futuros asesores, chégasde á conclusión de que hai todo un conxunto de perspectivas

- Útopica- segundo a cal pensamos no profesorado como nos gustaría que fose, non como realmente son.

- Teorica- que é o que temos aprendido sobre o profesorado: por experiencia (coñecemento imlípicito, que conleva unha teorizacion táctica, que proporciona uns prexuizos, hai que saber manter opinión crítica) e por estudio (aínda que  probablemente non tivemos a posibilidade de metacognición –decatarnos de qué estábamos aprendiendo) Todos teñen algo que decir dos profesores porque todos tiveron antes profesores.

- Realista- o que realmente penso dos profesores, ainda que non nos atrevamos a dicilo.

- De aprendizaxe- con moita frecuencia se di que os profesores son resistentes ao cambio, iso non ten porque ser asi , debemos ir coa mente aberta, pero hai que ter en conta que todas as institucions son resistentes ao cambio, que teñen unha cultura que condiciona.

- Dependente- os profesores dependen de orientadores e asesores, para resolver determinados problemas que quizáis non poden, queren ou deben resolucionar.

- Persoal- Esteve (1999) é o paradigma persoal, a idea do profesor como persoa.

Ante a pregunta de "¿Qué pensamos que los profesores piensan de nosotros?" a profesora fixo unha reflexión sobre as respostas dos alumnos de outros anos:

- Desconfianza (“Paquistaní”):   comento que recordo cando xurdiu esa idea e que entón estiven de acordo, pero agora xa non, pola miña experiencia laboral. Segundo esta idea, é visto como un advenedizo, que cuestiona o traballo, como se os acusasen de non saber facer o seu traballo.

- Descalificación: vai unido á desconfianza.

- Bomberos, son os apagafuegos, os que resolven os problemas que xorden, “el mago sin magia”.

- Inutilidade da presencia, non fai nada, métese no seu despacho e non se lle ve nunca (xorde un debate, polas nosas experiencias non podemos confirmar se traballan ou non, porque son moi diversas) Se os profesores ven ao orientador como un catalogador, non van a tomarlo en serio. É unha figura moi nova, meteuse a persoal con pouca formación e por eso ten tan mala imaxe.

-Inexpertos, liga co feito de que é unha profesión moi nova.

-Axuda, apoio, asesoramento :si hai profesores que agradecen a actividade do departamento.

- Aire fresco, innovación 

- Descoñecemento do papel- descoñecemento de qué papel deben levar a cabo, debido á cantidade de funcións que teñen.

- Catalogador: pasadores de tests.

Esta sesión remata coa proposta por parte da profesora dun experimento, que se leva a cabo o día seguinte, 9 de maio., e na que resulto nomeada observadora crítica. Sobre este experimento xa propuxen as miñas opinións nunha entrada anterior.