O fin dun novo comezo

Nesta entrada gustaríame facer referencia a última e a primeira clase expositiva de tecnoloxía educativa. Comezabamos as clases de tecnoloxía educativa, o martes día un de marzo, na cal tivemos que definir en grupos o que era para nos a tecnoloxía, a partires dunha serie de conceptos que se nos facilitaron dentro dun sobre. Despois de ver todos os conceptos, eliminar aqueles que non entendiamos e pensar nunha cohesión lóxica cos outros para a elaboración dunha definición, chegamos a seguinte:

“A tecnoloxía é unha ferramenta de innovación e un sistema de interacción dixital que xera na comunidade creatividade e permite compartir coñecemento, información e competencias có entorno mediante técnicas, aparatos, buscadores e ordenadores. Grazas a Internet, á informática e ás redes sociais, créase unha identidade persoal que, sen unha correcta educación, seguridade, comunicación, formación, protección e alfabetización pode xerar acoso. Internet favorece a globalización cibercultural, a avaliación de novos materiais e técnicas de xestión da economía”.

Posteriormente tivemos que buscar información para xustificar esta información, como ben reflicto en entradas anteriores. Nesta definición pódese ver unha interpretación simple do que é a tecnoloxía, con conceptos xerais e comúns. Dicir que moitas das palabras que se nos entregaron non sabíamos que significaban, polo que as eliminamos para a elaboración da definición.

Por outro lado, na última clase expositiva, encomendóusenos a mesma tarefa que neste primeiro día de clase.  Sendo o resultado bastante diferente; agora si que entendíamos todas as palabras e as sabíamos encadrar; o que levou a que quixésemos incorporar unha gran cantidade de palabras na definición, xa que as considerabamos importantes para a interpretación da tecnoloxía e que no tempo que se nos estableceu non fósemos capaces de elaborar unha definición concisa da mesma. Así, como se pode ver na seguinte imaxe, intentamos agrupar as palabras en distintos bloques para elaborar unha definición máis ampla e completa; aínda que finalmente non fomos capaces por falta de tempo.

Como xa reflectín, nas miñas primeiras entradas, o meu concepto de tecnoloxía estaba sesgado; asociando este, fundamentalmente, a innovación e os aparellos electrónicos; sen decatarme de que unha simple mesa tamén é tecnoloxía. A raíz disto podo dicir, que esta materia me serviu para profundizar verdadeiramente no que é e do que trata a tecnoloxía e ,máis concretamente, a tecnoloxía educativa. Ampliando conceptos e perspectivas, coñecendo outros novos e asentando un pouco as bases de todo o que abarcan estas dez letras: “tecnoloxía”.  Aínda que tamén hai que dicir, que todavía queda moito camiño por percorrer e moito que aprender.

Por último, gustaríame facer unha pequena reflexión acerca da miña experiencia persoal nesta materia.  Para min este método de ensinanza – aprendizaxe, presentouse como algo totalmente novo; ata o de agora nunca se nos deu a oportunidade de xestionar e organizar nós mesmos o noso proceso de aprendizaxe; rompendo totalmente con todo o que estabamos acostumados ata o de agora. A través das diferentes publicacións na Rede Social Stellae, ofrecéusenos a oportunidade de plasmar o aprendido na materia, dándolle o noso toque persoal e compartilo ao mesmo cos nosos compañeiros e compañeiras. Ao mesmo tempo, que se lle posibilita ao profesor levar un seguimento do noso desenvolvemento e proceso de aprendizaxe.  Tamén cabe destacar que moitos días se me fixo bastante complicado publicar ou comentar algo en Stellae, ben por quedar completamente bloqueada sen saber por onde tirar; ou por non conseguir concentrarme e tomar a iniciativa para facelo. Con todo, penso que isto sucedeu pola falta de costume  neste tipo de prácticas; xa que coido é que un bo método de ensinanza, a través do cal se aprende facendo dun xeito autónomo; tendo nós mesmos que autoxestionarnos e regular o noso aprendizaxe.