Narrativa transmedia

Se fai un par de meses me preguntaran que é a narrativa transmedia, a miña cara delataríame e sen falta de nada máis diría por si mesma que non tiña nin idea.

Pois ben, como xa me pasou con moitas das novidades que aprendimos ata agora, a narrativa transmedia estivo na miña vida dende o primeiro comic dos Backstreet Boys que tiven nas mans.  Convertemonos en produtores dos nosos propios gustos; somos participes dunha intelixencia colectiva da cal non tiñamos nin idea que existía. Xa non dpendemos das grandes compañías da información para saber qué pasa ou qué non pasa ao redor do mundo. Cos nosos Smartphones convertimonos en creadores novatos.

Para non quedarme soamente con Henry Jenkins nun único video, lanceime á busca de máis opinión sobre este experto que nos leva a falar de transmedia, multiplataformas, etc. Poo que atopei un que chamou a miña atención polo ben que explica cómo nos convertemos nunha sociedade creativa, capaz de crear historias todos os días e de ter a oportunidade de compartila grazas á rede. Aviso que son once minutos para practicar inglés (veñennos ben para os que estamos co B1).

Na miña experiencia como consumidora televisiva,  Mad Men é un dos exemplos que podemos empregar na actualidade como foco de narrativa transmedia. A serie desencadeou unha serie de productos externos relacionados con ela, indo dende coleccións de música que aparece durante as súas temporadas ata a implantación de modas ao estilo Don Draper. Seguimos falando así da nosa colaboración á aparición de máis e diversos productos relacionados cunha historia central, xa que é a nosa propia devoción pola mesma a que fai que os seus creadores se poñan mans á obra e nos den o que queremos. Tamén debo mencionar que xa non somos os mesmos expectadores que, cando remata a película, saen do cine ou se fulmina unha temporada, apaga a televisión ou cerra o portátil e se va durmir. Qué va! Somos eses seres colaborativos que abren Twitter e comparten a súa experiencia. Vemos tamén o transmedia na creación de determinados spin off. Better Call Saul foi unha “extremidade” que creceu a raíz do poderío da famosa serie Breaking Bad, Joey naceu pola gracia que nos fixo a todos Joey Tribbiani en Friends, etc.

Tamén é verdade que o termo transmedia é asociable ao mundo publicitario. Roupa, figuras, cómics, libros, videoxogos, xogos de mesa… Sen ir máis lonxe, pensemos en todo o que George Lucas debe ter almacenado nalgunha das súas casas sobre Luke Skywalker, R2-D2 ou Han Solo (e todo o que debe de ter no banco grazas as ventas masivas).

Pero a narrativa transmedia conseguiu ir máis alá das películas e as series. Existen novelas dixitais multiplatafrmas nas que o suxeito pode considerarse parte da historia. “Noa & Max; atrapados en Electronia” é un dos proxectos cos que os profesionais da educación, xunto con algúns alumnos, poden traballar xuntos para desenvoler distintos aprendizaxes en relación coa adquisición de experiencias coas novas tecnoloxías.

Na mesma liña de debate onde contraponemos os libros de texto ás plataformas virtuais de traballo, iniciativas fomentadas dende as TIC son proveitosas tanto para nenos en etapa de aprendizaxe como para os educadores, docentes e todo profesional relacionado coa área da educación, xa que é inherente a tecnología ao noso tempo. Non podemos deixar que os alumnos de novas xeracións queden obsoletos sen controlar materiais dixitais como son as novelas multimodales. E ao dicir verda, ao nacer estes coa Tablet debaixo do brazo, as novas tecnoloxías serán un instrumento de motivación ao aprendizaxe, de gusto polo traballo e de obtención de diversas maneiras de comprender o mundo real. Todos estes aspectos de renovación e innovación do aprendizaxe actual (que vai da man de proxectos coo Abalar) son os que nos teñen que levar á conclusión de que incluir máis tecnoloxía na escola non ten que verse como un efecto nocivo, senon como un plan de futuro para todos.

Fontes empregadas:

Transmedia y el crecimiento de Mad Men. Recuperado de: http://es.slideshare.net/DanielGutierrez81/mad-men-caso-de-transmedia-storytelling-narrativas-transmediaticas