Consumidor+Productor

Onte, mentres vagabundeaba dentro dos capítulos da serie que estou vendo agora, decateime do gran consumidora que son do mundo virtual.

Uso internet diariamente para ver series, películas, descargar música, libros, documentos, usar redes sociais, comprar artículos, ver blogs, vídeos en youtube, para satisfacer calquer tipo de necesidade que me xorda en calquer momento e teña o meu ordenador ou móvil cerca. Pero en cambio, a miña aportación é completamente nula, o meu compartamento é o dun simple usuario que consume neste servizo sin aportar absolutamente nada.

Debido a esto acordeime dun termo do cal falamos na aula, prosumer, e decidín escribir sobre el. O termo foi acuñado por Alan Taffler no seu libro La tercera ola (1980), e basease na unión do concepto consumidor e productor. Ser un usuario consumirdor consiste en utilizar contidos ou información producida por outros autores ou proveedores, mentres que ser un usuario productor é producir contidos de forma autónoma coa intención de compartilos posteriormente.

Según David Casacuberta, a creación colectiva é o contido máis revolucionario da cultura dixital, aquelo que mellor facilita a súa distinción da cultura tradicional é a posibilidade de construír unha cultura realmente colectiva (Casacuberta, 2013).

A cuestión que propoño é: deberíamos ensinar aos alumnos/as a ser usuarios prosumidores para alcanzar unha cultura colectiva?

Dende un punto de vista educativo, educar para ser prosumidores sería óptimo para mellorar distintas competencias e habilidades dos alumnos/as. Por un lado, ensinaríaselle aos discentes a tarefa da toma de decisións (importante nos procesos grupais), ensinaríaselle a contratar información e coñecer un tema desde puntos de vista distintos, a importancia de saber realizar unha boa búsqueda, selección e organización da información.

Estes procesos son moi importantes dentro das competencias que deben adquirir os alumnos/as, e axudaran a que os usuarios de Internet se convertan en Prosumers. Desde o meu punto de vista, estas competencias, básicas na educación de toda persoa, non están ben implantadas no sistema educativo, sendo só uns poucos os que teñen dominio nelas e se saben desenvolver de forma óptima, e como exemplo está a cantidade de bloggers que existen na actualidad, xa que só un grupo moi selecto deles conseguen influír, crear tendencias, e sobrevivir no mundo de Internet.

A cultura colectiva, o usuario prosumer, aínda está moi lexos de implantarse nas culturas tradionais que persisten día a día.

A ferramenta para cambiar esto é a educación con contidos dixitais, que axude a desenvolver a persoa en todas os ambitos de actuación, incluído Internet.


Casacuberta, D. (2013). Creación Colectiva: En Internet el creador es un público. Barcelona: Editorial Gedisa.

Dornaleteche Ruiz, J., & Gil Pons, E. (2011). Mash-ups, re-cuts y fake trailers: manifestaciones mediáticas del consumidor contemporáneo.