Identidade Dixital

Hoxe en día, a posibilidade de compartir información faise cada vez máis patente.  Dentro desta, informar por medio da mirada é algo que aínda que non nos resulte novo, adquiriu especial importancia neste último tempo. Como proba disto temos a Rede Social Instagram, segundo observamos no vídeo:

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=IJqa9MQPR-w

 Persoalmente, é unha rede que utilizo moito xa que con poucas palabras son capaz de comunicar o que estou a facer, o que fixen ou algo que me interesa.

Pero isto (non só Instragram, senón as numerosas redes Sociais nas que informamos da nosa vida) trae consigo un concepto, a identidade dixital. Este termo  "pon a énfase naqueles trazos do individuo que atopamos dixitalizados e que están a disposición dos demais."

As aplicacións da internet e a posibilidade de interaccionar en maior medida coas persoas por medio da Web 2.0 posibilitou o aumento da identidade dixital en canto a que  temos máis datos de nós a disposición dos demais. 

Neste vídeo podemos ver claramente as consecuencias da nosa identidade dixital e a necesidade de saber xestionala e construíla con maior coidado.

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=CBYJoQETM8Y

Ademais, no vídeo fálase de que non só creamos nós nosa identidade dixital senón que tamén numerosas persoas que interaccionan connosco teñen a posibilidade de influír nela. Para velo dunha maneira máis clara comparto este vídeo convosco:

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=5igm-mWFPiw

Nel pódese ver a un mozo compartindo información do seu amigo cunha simple etiqueta. Por exemplo, os nosos amigos de Facebook teñen a posibilidade de subir unha foto e etiquetarnos aínda que a nós non nos guste, polo motivo que sexa.

Por iso, é necesario saber xestionar correctamente a nosa identidade dixital, sendo conscientes das nosas accións a longo prazo e as súas consecuencias.  É importante coñecer a posibilidade da privacidade nas diversas Redes Sociais e ata que punto esa privacidade respéctase se alguén reclama a nosa información( como, por exemplo, os nosos correos electrónicos).

Aínda así, é un reto moi difícil na sociedade actual. Diariamente, vemos a persoas que soben en todo momento fotografas da súa vida máis privada, o que fan en cada momento e non son consecuentes dos seus actos. Vivimos nunha sociedade na que moita xente coñéceche máis pola túa identidade dixital que pola túa propia identidade, externa ao mundo da internet.

Referencias bibliográficas:

http://telos.fundaciontelefonica.com/url-direct/pdf-generator?tipoContenido=articuloTelos&idContenido=2012042611500001&idioma=es