Quen somos en Internet?

Qué é a identidade persoal? Quen somos en Internet?

Toda actividade que cada un xera na rede conforma unha identidade, estreitamente ligada ao propio aprendizaxe e a voluntade de profundizar na cultura dixital (Valls y Brustenga, n.d).

Lendo as miñas entradas anteriores decateime de que a Identidade Dixital é un tema que tratao de forma secundaria, como por exemplo no post Google e a información, e por esto decidín profundizar máis incluíndo este concepto dentro do meu proceso de aprendizaxe.

Co auxe de Internet, e en concreto coa aparición das redes sociais, cada vez expomos máis a nosa imaxe e os nosos datos persoais, formando así unha identidade dixital, nun entorno dixital, que como todos sabemos, pode coincidir ou non coa nosa identidade analóxica.

Basandome nun artigo de El Mundo no cal se expón a idea de que moitos pais xa empezan a crear a identidade dixital dos seus fillos antes de que estes usen redes sociais, decateime dunha realidade. Na actualidade, educan aos nenos/as para que sexan conscientes de que toda pegada dixital, vai configurando unha identidade dixital, e polo tanto debemos ser responsables no uso e desenvolvemento das nosas actividades na rede. Pero... cando nos contan que todo o que facemos en Internet queda permanentemente colgado na rede? E que unha vez que aceptas os termos e condicións de uso de calquera espazo, estas cedendo a túa información a empresas?

Persoalmente, a primeira vez que me decatei desta realidade foi nas clases de Tecnoloxía Educativa, cando todos nos miramos asustados pola terrible noticia de que todas as nosas fotos de facebook agora pertencían a Mark Zuckerberg.

De que sirve sabelo, se día a día pais e nais superados pola brecha dixital colgan fotos dos seus fillos/as creando sen consentimento dos menores e inconscientemente a súa ID?

Como dixen en anteriores entradas, o mundo avanza e nos con temos que facelo con él, e si este novo mundo suplanta dereitos de identidade debido ao descoñecemento desta realidade pola gran maioría da sociedade (brecha dixital), debemos añadir estes coñecementos na formación das xeracións presentes e futuras.

Unha das competencias que o cidadán do siglo XXI debe adquirir é a competencia de xestionar eficazmente a súa propia ID, xa que se ésta está ben xestionada e é homoxena coa identidade analóxica, fortalecerá o activismo nas nosas vidas, o desenrolo de habilidades tecnolóxicas, informacionais e unha actitude vital, activa, participativa, aberta e colaborativa tanto na rede como nas nosas vidas cotiás.

Por último, comparto con vos unha reflexión de Wood y Smith (2005) na que definen a Identidade Dixital como "una construcción compleja, personal y social, consistente en parte en quien creemos ser, como queremos que los demás nos perciban, y como de hecho, nos perciben".


Bibliografía:

De la Torre, N. (2016). Qué pasa cuando la identidad digital de un menor la construyen sus padres. El Mundo. Consultado desde http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2016/02/14/56bf9a9c46163fbc528b45d8.html

Giones-Valls, A., Serrat-Brustenga, M., & Rheingold, H. Resumen [Abstract][Resum].

Wood, F y Smith, J. (2005). "Forming online identities". Online communication: linking technology, idenity, and culture. Mahwah, N. J.: L. Erlbaum, p. 51–75.