A visita de Chefa

Nesta, a miña última entrada no blog, véxome na ardua misión de afrontar dous aspectos. Por unha  banda a interesante visita de Chefa á nosa clase. E por outra a moito máis inquedante despedida deste blog.

Comezo coa visita de Chefa. 

María Jose Lorenzo resulta ser unha muller máis ben menuda pero de carácter impoñente. Comentanos que somos francamente afortunados, dado que cando ela comezou Psicopedagoxía non tiña nada claro cales ían ter que ser as súas funcións. Agora está moito máis claro, incluso contamos co privilexio de ter persoas en activo dispostas a facernos visitas. Daquela, ela soamente entendeu en qué consistiría o seu traballo cando empezou a preparar as oposicións.

Comeza a súa intervención cunha explicación sobre as diferentes medidas e niveis de intervención á diversidade. Para que supesemos de onde se partía. Neste punto xorde un debate sobre a necesidade de determinadas acccións nunhas situacións pero non noutras que incluso poden ter similares características.

A continuación explícanos como foi o seu proceso de incorporación ao centro. O primeiro que fixo foi levar a cabo unha análise das necesidades que se tiñan. Por sorte, e gracias á colaboración estas necesidades foron rápidamente cubertas, co cal o seu traballo facilitouse significativamente. A continuación foi preciso darse a coñecer, explicarlle ao profesorado en qué consistía o seu traballo, cousa que tamén lle facilitou lograr a súa colaboración. Cousa que nun centro cunha aula de apoio específico, era imprescindible.

Xorden preguntas:

- ¿Cómo conseguiu a financiación?: por parte da Consellería, moi probablemente, ela non o sabía xa que o tramitou o equipo directivo.

- A hora de facer unha ACI, ¿cómo sabe qué asignaturas escoller e cales non?: na maior parte dos casos, os alumnos teñen unha discapacidade tan grande que son as suas propias necesidades o que dicta o contido.

- ¿Considera que o profesorado é máis receptivo á colaboración cando hai necesidade de levar a cabo unha ACI?: Pode ser.

- ¿Pode ser que haxa unha reticencia grande a facerlle ACIs ao alumnado? Si, porque unha ACI marca moi significativamente o expediente do alumno.

Finalmente presentanos o seu método de traballo máis utilizado, que é o traballo por proxectos. Comenta que habitualmente é máis fácil de implantar en cursos inferiores, pero que o denominador común, o máis importante do traballo por proxectos é que debe haber un producto dese traballo, algo tanxible, que se poida obsevar para a propia motivación de alumnado e profesorado.

En xeral, podo concluir que o máis importanque que me aportou a visita de Chefa é a reflexión, a idea de que é posible un traballo colaborativo, un traballo que se reflicte nos resultados.

 

Na segunda parte deste blog, quero facer unha pequena despedida. Dixen no meu perfil aló no comezo de curso que o meu lema era "Quen quere busca xeitos, e quen non excusas." Por iso mesmo non perderei o tempo en buscar excusas. Sei que o meu traballo foi como mínimo pouco constante durante este curso, e que fixen precisamente o que a profesora non quería que fixésemos: deixalo todo para o último día. Pese a que teño certa xustificación pola miña situación, non o empregarei de excusa, xa que o traballo que se reflicte neste blog non é o traballo dun so día como pode parecer pola data de publicación, senón, como é evidente que é o traballo constante na medida das miñas posibilidades. Obviamente, o último día non podería recordar con tanto detalle o sucedido nas clases, as miñas reflexións e os documentos que adxunto. Todo ese traballo xa estaba feito. So me faltaba publicalo, e é niso no que se amosa a miña falta de constancia.

Pido desculpas polo meu renomeado desorde, e na medida do posible tratarei de poñerlle remedio coa axuda das páxinas fillas. E espero que non sexa demasiado tarde. ;)