Tipos de usuarios na rede

Prosumer

Imaxe extraída de http://turismoypromocionesvq.blogspot.com.es/search?q=prosumer#!http://turismoypromocionesvq.blogspot.com/2012/04/prosumer-el-nuevo-cliente-en-el-pasado.html

Hola compañeir@s!

Como poderedes observar na imaxe, os temas a tratar neste post son os tipos de perfís en canto a xestión da información na rede. Estos tipos de perfil non son etiquetas, é dicir, que cada persoa non se encadra por completo dentro deles, senón que en maior ou menor porcentaxe poden ser os tres perfís nalgún momento determinado. De todas formas é importante sabelos distinguir e definir.

En primeiro lugar, o concepto de consumidor, refírese a aquel usuario que recibe e asimila a información sen máis (non a comparte nin a modifica para ningún fin). Un consumidor sería por exemplo, aquel que visualiza un vídeo en youtube, lee unha noticia nun periódico dixital... Segundo a RAE (2016) o consumidor é a persoa que adquire produtos de consumo ou utiliza certos servizos. Neste caso relacionaríase máis coa adquisición de servizos.

Nun seguinte nivel entre consumidor e produtor, cabe sinalar o perfil de colaborador, que sería aquela persoa que comparte a información en internet pero sen transformar o produto (información). Un exemplo de colaborador é aquela persoa que comparte noticias en facebook para unha maior difusión.

Despois estaría o usuario que é produtor, que é o usuario que crea contido na rede. Exemplos de produtores na rede serían por exemplo os denominados "youtubers" (usuarios de youtube que suben vídeos regularmente), os blogueiros/as, os autores de artigos en revistas electrónicas, calquera persoa que dé a súa opinión nun foro, etc..

E por último, o usuario denominado prosumidor que é aquel que consume e produce (produtor+consumidor). Este término introduceuno Alvin Toffler na súa obra The third wave (1980). Este fenómeno xorde da sobreprodución de información (infoxicación), e aparece este perfil co obxeto de simplificar a extensa e dificultosa tarefa de asimilar toda a información, e como modo de "personalizar" a información que cada un lle interesa máis. Por exemplo Amazon, actuaría como prosumidor, xa que reúne a distintas marcas e empresas nun só portal electrónico, o que simplifica para o usuario consumidor a búsqueda en internet.

Referencias bibliográficas:

-  Consumidor. (2016). Diccionario de la Lengua Española. Recuperado de http://dle.rae.es/?id=ASyDmz0

- Prosumidor, (s.f.) En Wikipedia. Recuperado el 04 de julio de 2016 de https://es.wikipedia.org/wiki/Prosumidor