Escola 2.0 e reflexión final

Boas tardes compañeiros/as!!

Xa se achega o final desta etapa e antes de falar do que é a Escola 2.0 gustaríame facer unha mini reflexión sobre a experiencia "blogger" que vivín en Stellae. Para min a experiencia nun principio foi moi motivadora, xa que era posiblemente unha das oportunidades de aprendizaxe máis creativas que tiven en toda a miña vida como estudante. Así, a miña cabeza non facía máis que pensar en ideas para transmitir por aquí pero, non todo era cor de rosa, pois á vez que tiña ideas non era capaz de plasmalas como me gustaría, o que rematou por frustrarme e deixar un tanto de lado esta experiencia; o cal foi un erro na miña contra pois non fixo máis que perxudicar ao meu proceso de aprendizaxe (por iso estou aquí, jejeje). Esta nova oportunidade de aprendizaxe fíxome comprender que non se pode tirar a toalla, e que aínda que as cousas non salgan como un espera, hai que intentalo, porque só intentándoo e practicando se pode chegar ao éxito, que neste caso sería por un lado e a máis importante, aprender; e pola outra banda, transmitir o aprendido. Non sei en que grado, logrei esta última meta, pero o que sí podo dicir, é que o intentei todo canto puiden.

Continuando co segundo tema do post, gustaríame explicar o que é a Escola 2.0. Segundo a páxina do INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado):

"El Programa Escuela 2.0 ha sido el último proyecto de integración de las Tecnologías de la Información y de la Comunicación (TIC) en los centros educativos. El objetivo era poner en marcha las aulas digitales del siglo XXI, aulas dotadas de infraestructura tecnológica y de conectividad."

Ademais, os seus eixes principais do programa segundo o INTEF consistirían en:

  • Aulas digitales. Dotar de recursos TIC a los alumnos y alumnas y a los centros: ordenadores portátiles para alumnado y profesorado y aulas digitales con dotación eficaz estandarizada.
  • Garantizar la conectividad a Internet y la interconectividad dentro del aula para todos los equipos. Posibilidad de acceso a Internet en los domicilios de los alumnos/as en horarios especiales.
  • Promover la formación del profesorado tanto en los aspectos tecnológicos como en los aspectos metodológicos y sociales de la integración de estos recursos en su práctica docente cotidiana.
  • Generar y facilitar el acceso a materiales digitales educativos ajustados a los diseños curriculares tanto para profesores y profesoras como para el alumnado y sus familias.
  • Implicar a alumnos y alumnas y a las familias en la adquisición, custodia y uso de estos recursos.

En último lugar, gustaríame compartir este vídeo que atopei en youtube buscando información sobre a o programa da Escola 2.0.