Picto Droid Lite

O 17 de maio, con motivo da celebración do día das letras galegas e o día de internet fixen unha mestura de como se complementaban estas dúas temáticas plasmando no blog as aportacións galegas que se fixeran as TIC.

Desta maneira cheguei a aplicación Picto Droid Lite, e como me pareceu moi interesante a par que innovadora, decidín facer unha entrada explicando en que consiste. Ademáis é unha creación cercana xa que está realizada polo Colexio López Navalón, centro de educación especial santiagués que visitamos neste curso.

A aplicación Picto Droid Lite é unha ferramenta para Android que por medio de pictogramas mellora a comunicación das persoas con diversidades fucionais e cognitivas. Os Pictogramas son debuxos que representan, cousas, obxetos, sentimentos, etc. e mesturandoos incluso se poden facer frases do estilo de "quero comer", "quero salir".

Esta aplicación pode descargarse directamente dende a páxina de Accegal.

Axudando así a persoas con parálise cerebral ou autismo entre outros.

Esta ferramenta está realizada polo Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) do Campus de Vigo e o centro López Navalón de Santiago, este proxecto en común denomínase Accegal.

Os coordinadores de proxecto son: Enrique Costa Montenegro (GTI), e Fátima García Doval pedagoga e directora do centro santiagués. Polo tanto vemos que neste equipo traballan enxeñeiros e pedagogos.

 Seguidamente deixo o video explicativo sobre a utilización de Picto Droid Lite:

Esta, paréceme unha labor social de grandes dimensións, onde sobre todo destaco o traballo conxunto de enxeñeiros de telecomunicacións con pedagogos como exemplo que nos sirva para darnos conta do amplo ámbito que abarca a educación e do importante que é a nosa profesión. A pedagoxía abarca todo o que abarque a educación e esta cuestión está na meirande parte dos ámbitos da nosa vida. Polo tanto, é a nosa labor abrir novas portas e mellorar así a calidade de vida das persoas.

As novas tecnoloxías son o futuro polo tanto debemos velas como un interesante campo en expansión no que traballar e desenvolver os nosos coñecementos pedagóxicos levando a cabo proxecto innovadores como o que acabamos de ver.

 

O artigo de onde fundamentei a entrada é o seguinte:

http://codigocero.com/Presentada-unha-aplicacion-galega

 

¿Sabedes de outras aplicacións innovadoras que melloren en algún aspecto a vida das persoas?