Comezamos

Comezo dicindo que apenas coñecemos o que nos depara unha materia ata que comezan as primeiras semanas de clase. De esta forma elixín esta asignatura guiándome pola curiosidade, ademais de que persoalmente considero que non se me dan de todo mal as tecnoloxías. A pesar de isto, creo que aínda me faltan moitas cousas por aprender, as cales, espero podelas asimilar ao remate do curso.

A primeira semana quizás foi só un mero contacto coa materia, pero nestas últimas clases, as cales nos centramos máis en canto a contidos, pareceume que nela tratáronse moitos temas importantes, dos cales descoñecía con anterioridade. Algúns de eles, sería por exemplo o campus virtual, que nos como alumnos/as tanto utilizamos, e é un exemplo claro de xerarquía, xa que nesta podemos distinguir con claridade tres niveles (administrador, profesorado, alumnado). Isto é algo co que nos levabamos traballando tres anos e apenas prestamos atención a detalles de este tipo.

Persoalmente, considero que a medida que avancemos no temario, imos aprender moitas cousas que nun futuro nos van a axudar de forma positiva na nosa profesión, xa que moitas veces descoñecemos o que se atopa detrás das redes sociais ou incluso dos propios correos electrónicos. De esta forma, unha vez que nos como docentes coñezamos tanto as cousas positivas como as negativas que nos podemos atopar en internet, sexamos capaces de proporcionarlles ao alumnado unha información, a cal, eles mesmos utilizarán tamén nun futuro.

Para finalizar con esta primeira entrada, remato dicindo que espero moito de esta asignatura, xa que me gustaría aprender a solventar certos problemas que as novas tecnoloxías traen consigo, de forma que sexa capaz de facer fronte a todas as cousas negativas, que comezan nun aula onde as tecnoloxías cada día están máis vixentes.

¡Que comece o curso!