Entrando en contacto coa materia...

Hola a todos e a todas! 

Para comezar, gustaríame contar o porqué de escoller esta materia e que esperaba dela.

Decanteime por ela xa que considero que as TICs son unha ferramenta moi importante, que hoxe en día está cada vez máis presente nas aulas e, por conseguinte, que debemos coñecer. Ademais, gustaríame aprender a integrar as novas tecnoloxías nas actividades que nun futuro levarei a cabo como mestra. A isto debo engadir que, na miña escolla, guieime un pouco pola materia de "Escola, Comunidade e Tic" que cursamos no primeiro ano desta carreira.

Tras as primeiras clases, creo que podo afirmar que non segue exactamente a liña que pensaba. Sen embargo, penso que nos pode resultar de moita utilidade para comprender mellor o fenómeno das novas tecnoloxías dentro do sistema educativo. Por exemplo: os proxectos que se implantaron desde a administración para levar as novas tecnoloxías ó alumnado. Esta é unha cuestión que probablemente a maioría de nós nunca se plantexara e que agora ten a oportunidade de facer analizando ditos proxectos. Así, non só nos informaremos sobre as experiencias de aprendizaxe na Era Dixital, senón que seremos críticos con elas.

Agardo que estas prediccións sexan acertadas e que rematemos cunha idea clara sobre a realidade que envolve a utilización das novas tecnoloxías nas aulas.