Tratamiento de datos persoais nas redes sociais.

Hola de novo!

A medida que van pasando clases, contamos con máis información sobre a que reflexionar. Nesta ocasión, farémolo sobre o tratamento de datos persoais nas redes sociais dentro do contexto educativo. Para iso, o documento no que nos apoiamos foi o artigo “Tratamento de datos persoais nas redes sociais: unha análise para o contexto educativo.” publicado na Revista Galega de Educación (RGE).

Na interactiva do día 21 de setembro,  a maioría de nós saímos da clase moi sorprendidos despois de ver o noso historial en google ou en google maps. Creo que non éramos realmente conscientes da cantidade de información que teñen sobre nós e, persoalmente, foi algo que me impresionou bastante.

Unha opinión interesante é a de Richard Stallman que di que non ten móvil porque é como o soño de calquera dictador xa que é un dispositivo que está localizado en todo momento.

Despois de ver iso, deberíamos pararnos a reflexionar sobre a utilización destas ferramentas na escola, pois, como lle dis a un neno que utilice un móbil, unha táblet, ou calquera outro dispositivo conectado a internet, se estás facendo que teñan información sobre o que fai?

Aquí entra en xogo o problema do uso de redes sociais con alumnado menor de idade, xa que debemos cumplir  o requisito de que os nenos e nenas teñan un mínimo de 14 anos (aínda que teríamos a opción de crear perfís ficticios e tampouco serían seguros de todo).

Ben é certo que actualmente o impacto social que teñen as redes sociais é moi grande, polo que hai a tendencia a que a escola non quede fóra desta realidade e que as utilice como recurso no proceso de ensino - aprendizaxe.

Unha “alternativa” que poderíamos utilizar serían as redes sociais educativas pero, e se o profesorado non ten o coñecemento suficiente para utilizalas? Teríamos que descartas como opción!

Podemos ver que a decisión do profesorado para que as redes sociais formen parte ou non da súa metodoloxía é moi difícil, pois os datos estaríanse utilizando para outros fins e non poderíamos ter un control sobre iso. Existe  a posibilidade de traballar con esas ferramentas sen que chegase a supoñer un problema? Igual sí, pero tamén teríamos que ter en conta que necesitaríamos a autorización dos pais e, estarían todos dispostos a dala?

Referencias:

Fraga, F. (2015). Tratamento de datos personais nas redes sociais: unha análise para o contexto educativo. Revista Galega de Educación, nº62, pp. 19-21.

Webgrafía:

http://www.gciencia.com/industria/richard-stallman-el-movil-es-un-dispositivo-de-vigilancia/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/05/16/valencia/1463413167_721494.html