Autobiografías

Por Kevin Acha

Na exposiiva do 4 de Outubro estivemos falando sobre o contido das nosas autobiografías.

No tempo que durou a clase estivemos tratando as primeiras preguntas que trataban sobre o primeiro contacto que tivemos coas novas tecnoloxías na nosa infancia.

O dato máis curioso foi o contraste entre as diferentes posicións dos compañeiros coas súas experiencias coas TICS xa que a pesar da pequena diferencia de idade entre os membros do grupo o uso das novas tecnoloxías nos diferentes centros educativos de cada un eran moi contrapostos.

En base as declaracións aportadas, puidose ver que hai centros con unha gran involucración sobre o uso das TICS ensinando desde as primeiras idades como traballar con elas e facer que estas sexan productivas co alumnado na etapa que transcorre dende a educación primaria ata a educación secundaria.

Por outra banda, puidemos ver por contra, que hai outros centros que non contribúen tanto co uso das novas tecnoloxías levando a cabo unha educación máis tradicional. desta maneira poden vir as dúbidas de se o uso das TICS nas aulas é fundamental ou non. 

As novas tecnoloxías son un proceso innovador que poden axudar de maneira moi positiva a unha boa aprendizaxe, nas que os contidos que se poden traballar cos alumnos poden ter máis complexidade e a súa vez máis enriquecedores.

Así mesmo, tamén hai que ter en conta que a ensinanza tradicional nos centros é necesaria xa que trata aspectos fundamentais para a aprendizaxe nos alumnos. Aspectos como a escritura en papel entre outros son necesarios na docencia. 

Polo tanto, eu creo que as TICS son necesarias nos centros escolares pero controladas de xeito que a ensinanza tradiconal tamén estea presente e non pase desapercibida xa que ámbalas dúas poden favorecer a unha boa aprendizaxe por parte dos alumnos.

En conclusión, o uso das TICS pode ser moi beneficioso nas aulas sempre e cando estas se utilicen exclusivamente na relación ensino-aprendizaxe dentro destes espazos e sempre de maneira controlada polo profesor.