WIKIPEDIA

 

Wikipedia é unha das enciclopedias máis empregadas polos usuarios de internet. Quen non empregou algún día esta páxina para atopar algunha información que estabamos a atopar? Dende os máis cativos da escola ata incluso cursos altos de secundaria e bacharelato ou cursos superiores, sempre a temos como ferramenta inicial. 

Pero, a que se debe todo este éxito? Wikipedia naceu no ano 2000, mediante unha empresa que se fixo cargo. Dita empresa era sen ánimo de lucro, polo que non pretendía poñer ningún tipo de publicidade na páxina (como outras moitas fixeron). Toda empresa tecnolóxica ten os tres pilares clave: tecnoloxía-comunidade e negocio. Se unha destas non se sostén, a empresa quedará obsoleta e acabará por desaparecer. Sen embargo, como en todo, hai unha excepción que confirma a regra e esta será a Wikipedia, que sobrevivirá mediante donativos de usuarios interesados (mediante crowfunding, google, etc.)

Para a súa elaboración incorporou algo que ata entón non se vira: non lle introduxo ningún tipo de filtros. Que quere decir isto? Que calquera lector que buscase información sobre algún tema en concreto, tamén ten a posibilidade de ampliar información ou modificar a que xa estaba escrita. Isto revolucionaba o establecido ata entón, debido a que calquer usuario tamén tiña a capacidade de reaxustar os coñecementos, incrementándoos e mellorándoos. 

Moitas enciclopedias libres antes que Wikipedia intentaron realizar esta tarefa, como é o caso de Nupedia, pero limitando as persoas que podan escribir a expertos do tema que estaban a realizar. Wikipedia iba máis lonxe, e facía que todo o mundo escribira o que quixese, sen ánimo de lucro. 

Que pasará entón se todo o mundo escribe o que queira? Ao principio foi moi criticada por isto pero logo transformouse no seu maior potencial. Como todo ao principio tiña pouca utilidade, a información notoria que estaba a realizar era moi escasa e pouco concisa. Pero pouco a pouco as tornas foron cambiando e a empresa foi crecendo al igual que os seu número de usuarios. A día de hoxe é unha das páxinas máis importantes de obtención de información. Tal se estendeu isto, que hoxe calquera cousa se pode atopar, e en calquera idioma que se desexe. 

Todos estaredes pensando, pero se todo o mundo escribe, será fiable? A resposta é sinxela: por suposto. Wikipedia obliga a referenciar todos os artigos que subas para a súa máxima seguridade e eficacia. Ademáis existe algo que ata entón non se facía: se algo está mal, ti podes modificalo. Claro que hai vandalismo na páxina, pero o 99% del é eliminado case de inmediato. A responsabilidade está en cada un, e cada un pode cambiar a e aportar o seu graniño de arroz para compartir sabiduría.

Nós, como alumnos quixemos adentrarnos en Wikipedia e probar como se emprega e se modifica para facer desta enciclopedia virtual unha ferramenta máis óptima.  Nel aprendemos aspectos notorios como a aparente situación anónima que se establece, deixando ao cuberto aquela información de quen añadiu documentación. Aprendemos a asociar ao IP de cada usuario, entendendo esto como unha serie de números que identifican a cada usuario de maneira que, se queremos profundizar e averiguar de quen se trata, está a un alcance sinxelo. Ademáis, modificamos e añadimos documentación ao referente propio da escola rural, para poder saber como se realiza. Para iso, creamos un usuario cada un de nos e posteriormente adentrámonos no rexistro e fixemos a nosa pequena aportación. 

Queredes saber como nos foi? Tan só deberás entrar na Wikipedia e buscar o linganzón onde aparece a escola rural. Que non estas de acordo ou mellorarias algo do noso criterio?

Podes facelo, porque recorda: se algo está mal, ti podes modificalo. 

Un saúdo para todos!