Escola 2.0 e Proxecto Abalar

Continuando coa anterior entrada, agora voume a centrar nos aspectos mencionados ao longo das sesións tanto interactivas coma expositivas que me fixeron reflexionar sobre a irrupción das TIC no contexto educativo. Vou a comezar coa implantación do Proxecto Abalar, así como a recente presenza dos libros de texto dixitais (E-DIXGAL) na nosa Comunidade.

Deste xeito no artigo dise que o Proxecto ABALAR, naceu como resposta á necesidade de proporcionar equipamento e tecnoloxías no eido educativo por parte da Administración. Cabe salientar que deste programa non se van a beneficiar todos os escolares, só aqueles que se atopen comprendidos entre os 10 e os 14 anos. Esta situación non lle atopo sentindo, é dicir unha vez superado o segundo curso da ESO os alumnos/as vense obrigados a volver ao anterior sistema, non era mellor destinar este Proxecto a unha etapa completa? De todos modos, o problema de que o Proxecto non continúa na seguinte etapa vaise a producir igualmente. Polo que para qué se decide levar a cabo isto se vai a quedar incompleto?

Outra problemática que lle atopo ao Abalar é que só poden participar certos centros que cumpren unha serie de requisitos seleccionados,  como a implicación da comunidade educativa e unha infraestrutura técnica e de datos dada. Esta condición é totalmente discriminatoria e inxusta, debido ao seu carácter selectivo e excluínte.  Produce desigualdades entre as oportunidades de uns centros e alumnos fronte a outros, xa que o alumnado non pode escoller a que centro vai a realizar os seus estudos e os centro non teñen culpa da falta deses recursos, xa que dependen da Administración.

Ademais disto, un tempo despois, púxose en marcha o programa E-Dixgal para todos aqueles centro incluídos dentro do proxecto Abalar, como obxectivo a implantación dos libros dixitais. Aquí atopamos unha controversia, por un lado grazas a isto orixínase un entorno virtual de aprendizaxe, sendo un aforro económico cara as familias, posto que non precisarán mercar material escolar tales coma o libros de textos  e os cadernos. Por outro lado, prodúcese a tesitura de que este proxecto organiza e ata ao profesorado, posto que só dispoñen de dúas liñas editoriais. Ademais, o suposto aforro ás familias non é tan claro porque aínda que todo sexa dixitalizado non se poden prescindir dos materiais tradicionais.

Durante no Practicum I estiven nun centro Abalar, non tiven a oportunidade de participar nalgunha das aulas que deste Programa. Aínda así a titora coa que estiven empregaba os recursos dixitais como sistema vehicular da xornada lectiva. Os nenos/as en Ciencias da Natureza e en Ciencias Sociais, non tiñan libro de texto, ela elaboraba os seus propios contidos obtidos de diversas fontes; as explicacións a maior parte delas era a través de vídeos obtidos de youtube.  

A pesar de que tiña formación debido a que foi a obrigatoria para todo o profesorado  para que a escola poida participar, laiábase de que era escasa e ineficiente.

No Practicum II, atopeime nunha situación non totalmente diferente, pero case. É dicir pasei a estar nun aula na que os recursos dixitais estaban moi presentes a outra na que case non se empregaban. Nela había dous alumnos con NEE, un deles tiña TEA e o outro TDH. O alumno con TEA dispoñía dun ordenador persoal que, durante a maior parte deses dous meses que estiven de prácticas, non funcionaba. Polo que a titora deixáballe usar o seu ordenador persoal, unha sesión ao día. Ela raras veces empregaba o ordenador máis o encerado dixital, só cando lles quería ensinar un vídeo ou un exemplo de algo que estiveran falando en clase nese momento. Cando lle preguntaba por qué non lle sacaba máis proveito a estes recursos, dicíame que os equipos non funcionaban (o encerado dixital non respondía, só funcionaba como proxector), que os recursos eran escasos, que o coordinador TIC dese centro non daba abasto e que era moi difícil conseguir que pasara un momento pola aula para amañar algo e que tiña falta de formación.

Nun momento pensei que eran escusas, pero máis adiante comprobei que non. Ao ser tantos alumnos na aula, ademais das características que presentaba o grupo e non ter formación algunha no ámbito dixital, cada vez que intentaba usar estes soportes era coma unha odisea. Sempre pasaba algún tipo de inconveniente que se traducía nunha gran perda de tempo evitable. Nese intre foi cando me decatei, que non é preciso, de vital importancia, usar os recursos dixitais para escapar dunha metodoloxía tradicional.

Podemos sintetizar o explicado ata agora do seguinte xeito, onde todo era vantaxes coa inclusión da escola 2.0 constatamos unha realidade contraria ao que se nos quere promover dende a Administración educativa. Como resultado disto, qué motivacións hai cara a dixitalización? Son só cara o fomento da mellora do sistema educativo?  Da adecuación cara os novos tempos? Ou hai uns intereses políticos e económicos detrás de todo isto aos que realmente lles da igual a mellora da Educación?

 Isto é así,  porque por mor desta situación podemos apreciar que dentro dun sistema público, coma é a Educación, as grandes diferenzas duns centro a outros. Para exemplificar, por un lado existen centros de primeira categoría que dispoñen de recursos que grazas a eles poden participar en proxectos pero logo unha vez dentro dese proxecto vemos moitas lacras e problemáticas aos que a Administración non dispón dos recursos para darlles unha solución. Polo outro lado, peor aínda diso,  está situación doutros centro que non teñen eses recursos, quedando excluídos completamente de calquera oportunidade de mellora. Traducíndose que o principio de igualdade educativa queda totalmente crebado.  Ademais provoca que a brecha dixital siga aumentando e o impedimento que se está creando cara o desenrolo da competencia dixital, facendo  que o principio de igualdade educativa se rompa.