Observación das tecnoloxías docentes durante o Practicum III

Xa rematamos o Practicum III, durante o mes escaso no que puiden estar nesta escola pública da área de Santiago, puiden analizar e observar os diferentes recursos dos que teñen  dispoñen sobre a nosa materia,  centrándome principalmente na aula de 2º de Educación Primaria na que estiven.

O primeiro que puiden apreciar é que a este centro asiste unha gran cantidade de alumnado, case seis centos nenos e nenas, sendo soamente unha escola na que se imparte a Educación Primaria.  Por mor desta situación, as instalacións resultan claramente escasas para cubrir as necesidades dos alumnos e alumnas.

En canto á nosa materia de estudo , comprobei que o centro non participa dentro do programa Abalar e menos aínda en E-DIXGAL, pola falta sistema dun rede que así o permita, xa que o centro aínda que recibe alumnado dunha zona urbano está situado nunha zona rural.

Dispón dunha aula de ordenadores á que asisten os diferentes cursos en horario dunha sesión semanal. Cada dous ou tres alumnos teñen que compartir un equipo, dependendo do número de alumnado por aula. Tamén atopamos equipos informáticos, compostos por un ordenador, un proxector, altofalantes nas seguintes dependencias: biblioteca, pavillón de Educación e o salón de actos. Neste último, os días que chove e non se pode facer uso da zona axardinada da carballeira; destinada principalmente como zona de xogo infantil para os nenos e nenas dos dous primeiros niveis, proxéctanse películas. 

Todas as aulas contan cun un ordenador persoal para o titor/a, un encerado dixital, un proxector e altofalantes. Ademais diso, dependendo das características do grupo, podemos atopar aulas nas que tamén hai outro ordenador a disposición dos alumnos/as que por mor das súas necesidades especiais así o precisen. Tamén o centro dispón de ordenadores portátiles e tablets que se usan para traballar principalmente cos nenos que teñen necesidades educativas especiais.

Pasando a describir as tecnoloxías que atopei na aula na que estiven e centrándome nas do docente teño que dicir que, aparte do mencionado anteriormente, nela había á disposición do grupo unha lupa, na que puidemos facer observacións de animais, plantas, flores e minerais que os alumnos/as buscaban pola zona da carballeira no recreo ou de paseo que lles chamaban á atención polas súas características. O centro tamén conta con  minerais e animais disecados que os nenos e nenas poden observar coa mencionada lupa.

 Ademais diso, tamén contaba cun encerado branco. Ao principio pareceume marabilloso, porque en teoría a efectos prácticos o seu uso é moito máis vantaxoso. Despois dunha semana xa non me pareceu tan bo, isto é así porque os rotuladores non escribían correctamente, estaban medio esgotados e tiñamos que a facer probas con cada un deles para saber cal era o que ía a escribir ben ese día. Debido a que na aula non hai recambios e hai que ir pedilos a conserxería

Á titora coa que estiven, non lle gustan demasiado as tecnoloxías da información e da comunicación. Para ela simplemente son unha ferramenta máis que ten a súa disposición, pero non vai a depender delas cara a súa función docente. É dicir, o uso da tecnoloxía non é un obxectivo en si mesmo, senón que é un recurso que serve para facilitar a aprendizaxe.

Cando facíamos lecturas en común en voz alta, esta era proxectada no encerado dixital para que todos a seguiran ao mesmo tempo. De igual xeito, empregábanse os libros dixitais proporcionados polas dúas editoriais coas que traballa o nivel. Cabe destacar que, os libros non se poden descargar no escritorio, para facer uso deles hai que iniciar sempre á sesión e isto supón unha perdida de tempo e unha dependencia da conectividade. Por outra parte, non se podía escribir na encerado dixital, só a usabamos coma pantalla.   

O que máis que chamou a atención foi o uso dos videoxogos coma un recurso máis. Era o xeito que ela empregaba para canalizar a enerxía, as ganas de falar e xogar dos nenos e nenas; ou cando notaba a necesidade do alumnado de desconectar e facer algo de movemento se a xornada era demasiado intensa. Ao ser uns nenos/as tan pequenos, 6-7 anos, a súa capacidade de atender e concentrarse na tarefa é moito menor á atopada noutros niveis superiores. Por mor disto, cando a titora detectaba signos de cansazo e malestar nos nenos/as canalizaba esa enerxía negativa a través do movemento e do baile.

A consigna para poder facer o just dance erao silencio e que se puxeran de pé no seu sitio, mentres abría todas as ventás da aula para que se renovara o aire e que entrara aire fresco e apagaba a luz, para que a luz tenue que entraba pola ventá os axudara a relaxarse. Despois buscaba en youtube dúas cancións do videoxogo just dance e todos/as bailaban. Normalmente son dous bailes que implican saltos, xiros e movementos por parellas, axudando indirectamente a desenvolver as súas capacidades psicomotrices.

Sorprendeume moito que unha docente que, segunda ela, non se sabe manexar coas TICS, sexa capaz de adaptar deste xeito estes recursos ás necesidades que se presentan na xornada diaria. Pareceume unha técnica innovadora que facilita concentración e o traballo dos nenos e nenas. Hai numerosos estudos avalan que con só dez minutos de actividade física mellorase a capacidade cognitiva do alumnado (Etnier et al., 1997) . Os videoxogos teñen un papel motivador moi importante, sendo uns recursos didácticos que ata o de agora estiveron desaproveitados no eido educativo. Dentro da miña experiencia como estudante só lembro usar videoxogos nun momento da miña educación, na escola na materia de relixión á finais de curso íamos a sala de ordenadores para xogar a xogos con temática Bíblica.

Coido que moitos docentes ao considerar este material exclusivamente lúdico, móstranse receosos de empregalos no desenvolvemento das súas clases, pouco a pouco estase demostrando a gran posibilidade que teñen esta clase de materiais e algúns profesionais os están comezando a empregar nas súas metodoloxías. Cabe salientar, que os videoxogos non son substitutos das clases convencionais, aportan valores e formas de educación que nas clases tradicionais non se poden chegar a alcanzar. Por exemplo dentro da miña aula, había nenos que non querían bailar aínda que a titora e eu os intentabamos motivar para que se moveran, xa que a finalidade última é o movemento para que logo poidan ter outro período de concentración.

Así a través do baile pódese observar condutas e actitudes do alumando/a que se non fora por este contexto non as poderías chegar a apreciar, sendo unha información moi valiosa cara o coñecemento do funcionamento do grupo máis aló do que podemos observar nunha xornada ordinaria.

Que vos parece a incorporación dos videoxogos nas aula?

Referencias:

Gordillo Gordillo, M. D., Gómez Acuñas, M., Sánchez Herrera, S., Gordillo Solanes, T., & Vicente Castro, F. (2011). El juego infantil en un mundo de cambio.International Journal of Developmental and Educational Psychology: INFAD.Revista De Psicología, 1(1), 197-206. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5076213

Comentarios

  • Carolina Rodríguez Llorente

    Me parece una propuesta de los más curiosa y llamativa la de utilizar Just Dance en un aula de primaria como técnica para mejorar la concentración del alumnado y no dudo de su efectividad. Es curioso que habiendo estado en el mismo centro que tú hayamos tenido dos tutoras que no son grandes "fans" de las TIC pero que la tuya haya tenido esa gran idea. Me gustaría saber si la ha compartido con otros profesores del centro porque, si no es así, se lo contaré a mi maestra de prácticas para que se anime a probarlo, aunque me parece que en su aula no tienen sufieciente espacio para ello.... Aun así, aplaudo esta propuesta. Nunca había pensado en utilizar las TIC con esa finalidad que no sólo motiva y relaja a los niños y niñas, sino que les ayuda a perder la vergüenza.

    Creo que un buen videojuego que permita trabajar con él los contenidos del curriculum sería un recurso fantastico para el aprendizaje. Estamos mal acostumbrados a pensar en ellos como un medio de transmisión de violencia y palabras malsonantes que fomenta las actitudes sexistas y el sedentarismo, pero planteados con fines educativos pueden suponer una gran diferencia para el alumnado. Yo nunca utilicé videojuegos en clase pero en secundaria en algunas materias acudíamos al aula de informática para practicar los contenidos que habíamos estudiado con juegos interactivos, especialmente en geografía, materia en la que utilizamos el programa Seterra y la página web de Mapas Flash Interactivos.

    En definitiva me parece una propuesta muy interesante que, dependiendo del área de aplicación, puede tener muchas posibles ventajas para facilitar y ampliar el aprendizaje. Lamento no ser una experta en el tema y no poder aportar muchos más datos, pero creo que el curso pasado un compañero nuestro grado presentó un TFG sobre un tema similar y está disponible en la página de la facultas, por si te interesa echarle un vistazo.

  • Sara Viqueira Docampo

    Boas Mariña! Paréceme unha proposta moi interesante o uso que se lle da aos videoxogos na túa aula de practicum como ferramenta para canalizar o cansazo do alumnado a través do movemento e do baile.

    Na actualidade creo que os videoxogos non se vén como un instrumento de aprendizaxe senón que se relacionan máis con actividades de tipo lúdico. Dende o meu punto de vista, os videoxogos non teñen porque responder a contidos curriculares precisos senón que a través deles se poden traballar diferentes actividades creando un entorno de aprendizaxe. Ademais, unha gran parte deles presentan contidos interdisciplinares e capacitan ao alumnado para resolver problemas logrando facelos protagonistas do mesmo.

    Unha das dificultades que lle vexo de cara a súa introdución nas aulas é o feito de vincular a experiencia do alumnado como xogador co aprendizaxe diferenciando entre o lúdico e o máis formal. Outra péga que lle atopo é que o profesorado está condicionado polas organizacións e estruturas escolares. Un exemplo disto é se o videoxogo é de simulación require de bastante tempo de dedicación polo que habería que axustar os horarios conforme ao resto de materias. A última dificultade é a inseguridade que pode existir no profesorado en canto a que o alumnado poida dominar máis ca eles/as os videoxogos ao ter máis experiencia. Considero que isto na realidade non debería de ser así, xa que aínda que o alumnado xogue con máis soltura, o profesorado debe intervir para promover a reflexión crítica entre o alumnado sobre o videoxogo en cuestión.

    Por último, opino que os videoxogos poden proporcionar situacións de aprendizaxe diferentes pero penso que é necesario certa innovación educativa no que se refire ás metodoloxías para que se integren nas aulas como calquera outro instrumento educativo.