Programa Etoys.

Fai dúas semanas,15 de novembro, abordabamos a clase falando do que era Scratch e Squeak. A semana pasada, 22 de novembro, traballamos con un software gratuíto que recibe o nome de Squeak Etoys e da dixitalización.

Por un lado, Etoys é un ambiente de programación que está baseado en Squeak, adaptado para os nenos/as e inspirado no linguaxe LOGO. Nos centros educativos a transmisión de coñecementos a partir de Etoys non encaixa, xa que para moitos docentes supón unha pérdida de tempo traballar con este tipo de programas.

Na miña opinión, o emprego deste software non foi moi sinxelo, pero debo ter en conta que o tempo co que traballei con este programa, foi moi curto. Sen embargo, a tarefa de poñernos no papel de un reloxeiro para construír un reloxo, pareceume moi interesante e complexa ao mesmo tempo. Nas escolas, coa posta en práctica de este proxecto poderíamos traballar a medición do tempo, algo que para o alumnado é moi complicado de entender e que mellor forma de facelo que coa práctica.

Por isto e entre outras cousas, a través de este programa pódese traballar o linguaxe e a comunicación, o pensamento matemático, comprensión do entorno natural e social, desenrolo da creatividade….ademais da maioría dos contidos cos que conta o curriculum.

Así mesmo, nesta clase tamén falamos da Hora del Código, un movemento global que xa se emprega en máis de cento oitenta países e trata de lograr unha programación unha hora á semana. Calquera persoa de calquera parte o mundo, pode organizar unha hora de código xa que se atopa dispoñible en trinta idiomas, non se necesita de experiencia e os tutoriais constan de unha hora de duración.

Por outra banda, a maioría da xente, entre a que me inclúo, consideramos que a competencia dixital trabállase soamente a través de exercicios de relacionar e de marcar a resposta correcta en actividades que teñen que ver cos contidos de un tema en concreto. Despois da clase da semana pasada, comprendín que para lograr a competencia dixital non bastaba con isto, senón que había que indagar moito máis.

Persoalmente, non coñecía que moitos dos libros dixitais como é o caso do Sm conectados, traen incluídos vídeos de presentacións e audios preparados para poñelos ante o alumnado. Ademais de isto, como víamos nesta clase, as actividades de reforzo de unha unidade contan con un solucionario interactivo a tempo real. Con isto, só poderás ver as preguntas mal contestadas e non cal é a resposta correcta ou o teu erro. Tamén, que os solucionarios non son de todo fiables xa que pode haber algún fallo nas solucións que nos proporcionan.

Por último e para ir rematando, estas dúas clases parecéronme moi interesantes xa que son cousas que antes descoñecía e non debemos pasar por alto. Na miña opinión, non me parece coherente que os libros de textos veñan xa preparados sen deixar que se poñan en práctica outros métodos de ensinanza máis alá das presentacións comúns. Unha vez que coñecemos como realmente funciona o sistema educativo, estamos nos preparados como futuros docentes para innovar? Considero que con esta materia, coñecemos datos relevantes a cerca dos centros educativos que ao longo da carreira non nos ensinaron. Polo tanto, eu si que me vexo capacitada para lograr de forma correcta a competencia dixital.

Webgrafía:

https://sites.google.com/site/educotec/etoys

http://www.squeakland.org/

https://hourofcode.com/es/learn