Wikipedia

Por irene

Os meus compañeiros, na clase expositiva do Martes 27 de Setembro  estiveron tratando o apartado de “ Tratamento de datos persoais nas redes sociais: unha análise para o contexto educativo” da Revista Galega de Educación. E comentando as vantaxes e desvantaxes que as redes sociais nos supoñen.

Ligado a isto, na interactiva comezamos a falar a cerca de Wikipedia. Ésta é unha enciclopedia libre que se edita colaborativamente e está administrada por unha organización sin ánimo de lucro.

O feito de que a pode editar quen queira e engadir información erronea a algúns artigos, é o problema que nos atopamos cos nosos alumnos, pois moitos deles úsana como recurso de búsqueda de información para a realización dos seus traballos. É a nosa labor como docentes informarlles de que ésta non é unha fonte 100% fiable e que sempre deben de contrastar a información.

Eu mesma non tiña un coñecemento profundo de que a Wikipedia presentase tantos problemas á hora de acadar información fiable.

Para que se decaten disto eu faría unha  práctica na aula como a que fixemos nós na clase. Por grupos creámonos unha conta de acceso cada un e modificamos un artigo, neste caso da Galipedia. Aínda que para  a nosa sorpresa borráronnos todo o escrito aludindo que non estaba ben documentado.