O Prácticum e as TIC

Por irene

Tiven a oportunidade de realizar as miñas últimas prácticas da carreira nunha escola  do centro de Santiago e decateime do pouco que se usan aínda as tecnoloxías na aula.

Este centro non estaba dentro do programa Abalar, polo que todos os recursos TIC que tiñamos a nosa disposición eran unha pizarra dixital na aula e un canón de vídeo que rara vez se utilizaban. Había tamén un ordenador sobremesa  que a mestra lle deixaba utilizar aos rapaces que remataban máis rápido as tarefas para buscar información sobre os diversos temas que estabamos estudando.

Este feito paréceme inxusto porque sempre eran os mesmos os que podían ir ao ordenador e gozar dese “privilexio”, mentres que os nenos con máis dificultades e un ritmo máis lento de traballo nunca podían facer uso del. Ademais nunca era unha búsqueda guiada, senón que os nenos entraban nas páxinas que eles querían e moitas veces recollían información errónea.

Algúns profesores non utilizan as tecnoloxías porque non saben moi ben o seu funcionamento ou porque lles dan medo, consideran que todo o que sexa saírse dos exercicios do libro é perder o tempo.Sen embargo, poderíase acadar un  aprendizaxe  mais rico e variado con todos os recursos tic que temos ao noso alcance hoxe en día.