Redes sociais e a escola

Vouvos falar sobre o papel que teñen as Tecnoloxías da Información e da Comunicación no ámbito educativo, onde a competencia dixital volveuse algo fundamental, pero que é a competencia dixital? Segundo o MECD a podemos definir coma aquela que implica un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías da información e a comunicación para alcanzar os obxectivos relacionados co traballo, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e participación na sociedade.

En “Tratamento de datos persoais nas redes sociais: unha análise para o contexto educativo” O autor reflexiona sobre algúns temas fundamentais e cuestiónase a adecuación das TIC á hora de transmitir coñecementos, especialmente da problemática que pode xurdir a raíz do uso das redes sociais en contextos educativos con alumnado de menor idade.

Internet e o uso da web 2.0 é unha ferramenta moi potente cara o intercambio de información, xa que grazas a el prodúcese a construción do coñecemento, onde as redes sociais xogan un papel clave. No texto cuestionase sobre o papel das escolas e o uso das redes sociais educativas, onde xorde unha gran controversia.

Por un lado o emprego das redes sociais educativas son un elemento motivador para os alumnos/as que non están afeitos a utilizar e interpretar información co fin de transmitir coñecementos. Dende o punto de vista empresarial a principal aplicación das TIC centrouse en facilitar o acceso e o procesamento de grandes cantidades de información aos traballadores e aos directivos co obxectivo fundamental de incrementar a produtividade. No caso do ensino, a información case non se emprega para mellorar o rendemento dos alumnos, principalmente porque os xestores educativos descoñecen boa parte das ferramentas de tratamento da información das que dispoñen. Doutra banda, aínda que as escolas teñen cada vez máis acceso ás TIC, a presenza das novas tecnoloxías dentro da metodoloxía de ensino aínda é moi escasa, xa que moitos docentes non posúen dos coñecementos suficientes para sentirse cómodos empregando estes recursos, polo que a súa presenza nas aulas é moi delimitada.

Polo outro lado o emprego das redes sociais e da web, supoñen a perda privacidade  dos datos persoais do alumnado, xa que, a inocente de acción de  pedirlle ao noso alumnado que se faga unha a conta de correo, primeiro ten que que pasar polo filtro de “Términos y condiciones según su edad”, onde dependendo da páxina web á que desexamos que o alumno acceda a idade mínima permitida será diferente.

Cabe destacar que a acción de que un neno/a teña unha conta de correo implica que sen darse conta, moita información persoal  súas pasará a estar en mans de grandes compañías e formar parte do Big Data.

Non obstante existen ferramentas que permiten controlar o seguimento que fai a Rede da nosa información, como é caso de Ghostery. Esta extensión avisa ao usuario cando unha páxina web que está visitando, faille algún tipo de seguimento, dende un reconto estatístico, ata a creación dun perfil de consumidor, pasando por calquera outra entidade interesada en coñecer a nosa actividade. Polo que a funcionalidade de Ghostery cobra un interese especial ao tratar coidar a privacidade dos datos persoais, sobre todo se a persoa vulnerable son menores de idade.

A pesar das desvantaxes derivadas desta situación, non podemos prescindir do uso da web 0.2 como fonte caro o intercambio e construción do coñecemento. Así existen plataformas como é a Wikepdia, unha enciclopedia libre, editada cooperativamente, sen ánimo de lucro que sobrevive grazas as apartacións de usuarios anónimos e de grandes compañías como Google.

A Wikipedia é un dos antecedentes da web 2.0 que conta cun software libre, onde se lle permite á comunidade participar. Existiron páxinas precedentes que non funcionaron, como é o caso de Nupedia, unha plataforma de carácter académico, onde soamente se lle permitía participar a persoas expertas no tema.

Agora ben, a Wikepedia ten moitas máis posibilidades de uso que o mero copia e pega ao que estamos adoitados a facer, sí inclúome nesta frase porque mentiría se non dixera que na Educación Primaria cada vez que tiña encargada unha tarefa de investigación ía directa á Wikepedia seleccionaba a información que requiría a copiaba, a pegaba e a entregaba a mestra.

Un xeito de incorporala como ferramenta didáctica é a través da creación dunha Wikipedia “privada” a nivel de centro e pedirlles aos alumnos que participen na creación do coñecemento. Por exemplo en vez de mandarlles facer un exame de avaliación final para valorar os seus coñecementos e capacidades pódeselle pedir ao alumno/a que faga unha entrada sobre un tema dado ao longo do curso (non ten que ser memoria, pode empregar diversas fontes), posto que se é capaz de explicar algo coas súas propias palabras quere dicir que o ten asimilado nas súas percepcións mentais.

 

Webgrafía:

Fraga, F. (2015). Tratamento de datos personais nas redes sociais: unha análise para o contexto educativo. Revista Galega de Educación, nº62, pp. 19-21.

Antio Blanco, M. (2011). Ghostery, la extensión que permite controlar el seguimiento web. Recuperado de: http://www.activasistemas.com/blog/2011/03/08/ghostery-la-extension-que-permite-controlar-el-seguimiento-web/#.WESGa9TJxki

Carnoy, M. (2004). Las TIC en la enseñanza: Posibilidades y retos. Lección Inaugural Del Curso Académico, 2005, 1-19. Recuperado de: http://www.e-historia.cl/cursosudla/12-EDU603/textos/24%20%E2%80%93%20Martin%20Carnoy%20%E2%80%93%20Las%20TIC%20en%20la%20ense%C3%B1anza%20(1-18).pdf