Squeak

O martes 16 de Novembro traballamos cunha ferramenta que eu descoñecía ata o momento, o Squeak. Un software educativo  liberado.

O profesor plantexounos un reto que xa levara a cabo cos seus alumnos de primaria. Consistía en crear un reloxo dixital que as súas manecillas deran un golpe por segundo. Non nos resultou moi fácil nun principio solucionalo, de feito fómolo resolvendo entre todos e con algunha pequena pista que nos daba o profesor.

Decateime de que con este programa deixas de ver o problema e a solución como un bloque, e céntraste en velo de forma separada.Tamén axuda aos rapaces, neste caso, a interiorizar o concepto de minuto, sengundo etc e de forma xeral pódense traballar todos os contidos do currículo. Ademáis  ao alumno plantéxaselle un proceso de investigación, elaboración de hipótesis e comprobación, o que  supón unha aprendizaxe significativa.

É moi interesante para traballar en Primaria pero a niveis básicos. Se pretendes facer algo complexo como nos pasou a nós días máis tarde intentando desenvolver o noso proxecto final sen ter coñecementos previos de como se utiliza o programa resultarache moi complexo.