Comezamos co proxecto

Por irene

Na interactiva do día 23 fixemos os grupos de traballo e comezamos a pensar na temática do noso proxecto.

Comezamos preguntándonos: que pretendemos que aprendan os nosos alumnos? Entón miramos as áreas do currículo e as competencias.

Posteriormente, cales serían os recursos cos que contaríamos para desenvolver a nosa idea cos rapaces.

Por último, que actividades realizaríamos e que secuenciación seguiríamos.

Tras pensar todos estes apartados decidimos que o noso proxecto sería a realización dun blog por parte do alumnado para traballar as Ciencias Sociais. Nel irían subindo diferentes experimentos e actividades que levaran a cabo tanto na escola como na súa casa e os demáis compañeiros terían a opción de comentar o que lles parece en cada blog e conseguir así un feedback interesante.