Cambio de proxecto

O martes da semana pasada seguimos co traballo. Tivemos un parón porque nos faltaba o soporte para a realización do blog  e saber cómo facer para que o realizaran os alumnos e o mesmo tempo nos tivéramos acceso a el. Pensamos nas opcións de Wikispace, Cuadernalia ( pero éste está máis enfocado a profesores que a alumnos) e Blogspot.

Despois de desbotar varias opción porque non cumplían estas dúas características ou non nos parecían axeitadas para o traballo que pretendíamos facer, decidimos cambiar a temática do noso proxecto.

Agora a idea que temos é facelo a cerca da seguridade vial. O obxectivo é que os rapaces constrúan un circuito e un coche o cal fagan mover e ir respetando as señais viais.

Co problema que nos atopamos é que nos parece un pouco complicado facelo con Squeak, ferramenta que se nos presentou a semana pasada na clase, e estamos intentando atopar unha alternativa máis viable.