A publicidade engañosa

A semana pasada, estivemos elaborando o proxecto final, tanto na clase interactiva coma na expositiva. Ademais de isto, na miña interactiva, a partir dunha pregunta a cerca do proxecto entramos nunha conversación moi interesante da cal vou a falar nesta entrada.

Ao largo de todo o cuatrimestre, podemos ver o controlados que nos atopamos a través das redes sociais, internet, YouTube, Google Maps,… Isto, como coñecemos, pode ser un problema para os máis pequenos e supoñer un risco sobre a protección de datos, xa que non están protexidos. Debemos ter en conta tamén que existen redes que permiten acceder a páxinas de internet de forma anónima, como é o caso de “Red Tor”.

Moitos estarédesvos preguntando a que ben esta reflexión agora, pois ben, como sabemos ademais da falta de protección dos datos, tamén temos presentes a publicidade en cada unha das páxinas que abrimos en internet, o cal, supón tamén un risco para os máis cativos. En relación a isto, nesta última interactiva estivemos establecendo unha relación de cómo os anuncios ou a publicidade que impacta sobre os nenos/as pode volverse real para eles. Por exemplo, nenos e nenas de entre dez e once anos que ven a publicidade sobre teléfonos móbiles incribles con excesivas aplicacións, anuncios de produtos que mostran características que realmente non posúen,…

Persoalmente, considero que é necesario sensibilizar ao alumnado a cerca de que todo o que ven non é real, senón que contén unha transcendencia non beneficiosa para eles. Para isto, coñécense páxinas como pode ser o Adblock, que permite bloquear a publicidade en calquera páxina, na cal este activado. Pero creedes que isto é solución? Eu non ó considero como tal, xa que moitas páxinas que viven da publicidade que proxectan, piden que desactives o programa (Adblock) para poder acceder a páxina.  

Moitos nenos/as, empregan unha páxina moi utilizada en internet, como é o caso de YouTube, somos conscientes da publicidade que ahí se trata de transmitir e que os máis pequenos reproducen? Ademais de isto, cada vez está máis presente seguir os consellos de youtubers sen percatarnos que moitos están ligados a empresas, que o único favorable para eles é aumentar as expectativas de nenos/as para vender.

Polo tanto, despois de esta reflexión, somos conscientes de: canta publicidade impacta sobre o neno?