As TIC e a escola coma un negocio: a privatización encuberta do servizo

 Anteriormente falei da escola 2.0, do Proxecto ABALAR e de E-DIXGAL. Estes proxectos  naceron como resposta á necesidade de proporcionar equipamento e tecnoloxías no eido educativo por parte da Administración, dentro do Plan E, para fomentar a economía a través do investimento social.

Facendo unha análise superficial do tema en cuestión vemos que estes proxectos xurdiron como resposta á unha sociedade dixitalizada, polo que estaba latente a necesidade dar solución ás novas necesidades que están apareceron por mor dos cambios tan rápido que se están a vivir a través da  mellorara e actualización do sistema educativo.

A cuestión de todo isto é que vivimos nunha sociedade dixital impulsada e xestionada por un mercado global dirixido por corporacións multinacionais e grandes institucións financeiras,  que se poden resumir nas siglas GAFA (Google, Apple, Facebook e Amazon), sendo os grandes protagonistas da última gran revolución. Isto o podemos apreciar claramente en que en 2006 o mundo estaba rexentado por cinco compañías:  ExxonMobil, unha petrolera; General Electric, unha  compañía eléctrica; Microsoft, unha empresa tecnolóxica; Gazprom, unha empresa gasística  e City Group, un banco. En tan só dez anos as compañías que dominan o mundo son Apple, Google, Microsoft, Amazon e Facebook. Todas elas teñen en común que son empresas tecnolóxicas que almacenan os datos de tódalas as persoas e os manexan ao seu antollo comerciando con eles, por iso é tan importante ten en conta estes aspectos antes de participar en calquera rede social con fins educativos.

Neste novo mundo impónselle un novo papel á educación: a escola como elemento esencial da economía polas súas inversións, pola súa importancia como escaparate, pero sobre todo, pola súa función na formación da nova clase social.

Realmente nunca fora consciente da privatización encuberta da educación ata o de agora; é dicir, xa sabía que o sistema tiña certas lacras antes de comezar os estudos no grado, como é o caso da existencia dos concertos. Na carreira, cando analizamos a LOMCE en primeiro, descubrín que a privatización é un feito moito maior do que inicialmente consideraba, posto que esta lei constantemente faise referencia á necesidade de conectar á escola aos intereses e demandas do mercado.

Máis adiante, outra rotura de esquemas produciuse cando analizamos as repercusión do informe PISA e o transfondo das avaliacións externas, comparando a diferentes países en aspectos e competencias que lles interesa ás grandes empresas como é a competencia matemática e a lingüística.

O maior choque produciuse este ano, nesta materia cando estivemos discutindo sobre as consecuencias da implantación da escola 2.0, cando o que realmente o que se busca a través da creación de infraestruturas tecnolóxicas polos centros educativos, era a apertura aos novos produtos dese conxunto empresarial nas aulas, tanto hardware como software, contidos dixitais ou conexións a internet, sen dar opción a que cada centro, profesor ou profesora decidan como sacar un mellor proveito didáctico destas ferramentas adaptándoas á súa realidade, ao seu proxecto educativo de centro ou aos seus proxectos de innovación, xa que establece claramente desde o principio cal é o obxectivo: a dotación eficaz estandarizada. Isto implica, que o que se vai a enviar aos centros e como debe distribuírse entre o alumnado xa está definido previamente sen contar os intereses e necesidades dos docentes.

Por este motivo non podemos dicir que a Escola 2.0 ten relación coa educación ou co ensino, nin coa situación da tecnoloxía actual, xa que, tendo en conta como se desenvolveu (ver entrada sobre o Proxecto Abalar e E-Dixgal), o gran custo económico que se supuxo e as poucas melloras significativas que supuxo para o sistema educativo, podemos afirmar que é un programa que se elaborou como xustificación do gasto de diñeiro público en novas tecnoloxías dentro dun proceso da mercantilización da nosa educación.

Para finalizar, lánzovos unha pregunta: Qué opinades sobre a privatización encuberta?

PD: O progama que visualicei para a realización do escrito volo recomendo ;)

Webgrafía empregada:

Murillo García, José Luis (2010). Programas Escuela 2.0 y Pizarra Digital: un paradigma de mercantilización del sistema educativo a través de las TICs. REIFOP, 13 (2), 65-78. Recuperado de: file:///C:/Documents%20and%20Settings/Administrador/Mis%20documentos/Downloads/Dialnet-ProgramasEscuela20YPizarraDigital-3307327.pdf. Consultado o 06-XII

http://www.lasexta.com/programas/sexta-columna/noticias/son-jovenes-millonarios-y-estan-cambiando-radicalmente-la-sociedad-asi-trabajan-los-nuevos-amos-del-mundo_201612025841df970cf276451fd30277.html