IMPLANTACIÓN DO PROXECTO ABALAR

O segundo día de clase tivemos a oportunidade de analizar como foi a implantación e distribución xeográfica do Proxecto Abalar, e a partir deste, o libro de texto dixital no sistema educativo de Galicia. Estes proxectos están incluídos dentro do marco do PLAN E, no programa Escula 2.0 que foi aprobado a principios do curso 2009-10 polo Ministerio de Educación onde o único obxectivo non ten nada que ver con plantexamentos pedagóxicos ou educativos senón que o fin que perseguen é a transformación de clases tradicionais en aulas dixitais dotas con pizarras dixitales e conexión inalámbrica a internet.

Comprobamos que na actualidade, Galicia dispón de tres centros, tanto públicos como privados,  ben diferentes no que atinxe ao medios tecnolóxicos nas escolas,  estes son: a) os centros que contan co Proxecto Abalar, b) centros que dispoñen do libro dixital e c) os que non dispoñen de ningún destes dous medios.

O proxecto Abalar en Galicia inicia a súa andaina, como ben dixen, no ano 2009, a selección de centros para a implantación do proxecto non foi pública, segundo a convocatoria só se pedía compromiso e implicación por parte da comunidade educativa e cumprir unha serie de requisitos.

Tiven a oportunidade de preguntar nun centro Abalar cales foron eses requisitos e verdadeiramente pareceume vergoñento cando mos explicaron: que o claustro estivera de acordo e que o director/-a do centro tivese “contactos”. Desta mesma forma, nace en Galicia unha discriminación no que atinxe aos centros educativos no referente a dotación de recursos. Logo da primeira fase fóronse introducindo no proxecto Abalar algún outro centro pero sen chegar a implantarse ao 100%, emerxe o E-Dixital para os centros onde o proxecto Abalar xa estaba funcionando.

Por este proxecto, tamén preguntei, e neste centro non se instarou  porque o claustro non o aprobou.

Comprobamos a brecha dixital que día a día se fai maior para o alumnado dos diferentes centros posto que, hai centros onde se implantan os dous proxectos, noutros continúan co plan Abalar só e outros pola contra quedan marxinados.

Seguindo co mesmo tema, fágome unha pregunta: o fracaso escolar (un dos maiores problemas do sistema educativo) vai a solucionarse con isto? Persoalmente penso que non, porque o goberno non fala de cambiar as metodoloxías nin as ferramentas á hora de impartir as materias senón que mais ben, firma convenio con dúas editoriais, para dispor do material escolar en formato dixital privando desta forma ao profesorado na súa elección.

Serán temas de discusión si estes materias dispoñibles, son suficientes á hora de rematar cos problemas que o sistema educativo ten, posto que o único que os fai diferentes aos tradicionais é o seu formato e o seu custe.

 

Referencias:

Fraga, F. & Alonso, A. (2016). Presencia del libro de texto digital en Galicia: una mirada estadístico-geográfica del Proyecto E-DIXGAL. Profesorado. Revista de Curriculum y Formación del Profesorado, vol. 20, nº1, pp. 91-112

Murillo, J.L. (2010).Programas Escuela 2.0 y Pizarra Digital: un paradigma de mercantilización del sistema educativo a través de las TICs. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 13 (2), 65-78. Data de consulta (10-09-16). Dispoñible en: file:///C:/Users/usuario/Downloads/Dialnet-ProgramasEscuela20YPizarraDigital-3307327.pdf.