WIKIPEDIA

Que vos suxire a palabra Wikipedia? É fiable ou non? Nestas breves liñas vou intentar explicar estas dúas preguntas.

A wikipedia é unha fundación sen animo de lucro e funciona con donacións das grandes empresa como google, microsoft, universidades, etc . Na actualidade teñen ao redor de 100 persoas contratadas.

É unha enciclopedia en liña creada no ano 2001 por Jimmy Jimbo Wales. Nace como un proxecto complementario á Nupedia cunha gran diferenza, a Wikipedia é libre e pode escribir calquera persoa mentres que na Nupedia non. A persoa que escribise algún artigo ou tema tiña que ser un profesional, como por exemplo un investigador; esta enciclopedia non funcionou.

O proxecto wikipedia ou enciclopedia colaborativa nace coa idea de que calquera usuario poida crear ou modificar un artigo ben de forma anónima ou non. Os artigos pódense modificar en calquera momento quedando a disposición dos usuarios as ditas modificacións. Ningún dos artigos pode ser eliminado nin suprimido polos moderadores, aínda que por experiencia si non os referencias pode ser modificado por algún moderadoro ou tal vez porque non lle guste o contido que ti escribiches. Debes seguir unhas normas que a wikipedia che especifica senón poñerache que ese artigo necesita un formato que semelle ao da enciclopedia.

Por todo isto, podemos presupoñer que, aínda que moitos dos traballos, noticias, etc, citan como fonte de referencia a Wikipidia, non se debe considerar como un documento fiable posto que calquera individuo que teña acceso á internet pode modificalo ou crealo, por este motivo pódense atopar erros na información que non están verificados e a pesar que che aconsellan referenciar a información en moitos dos caso esta non existe.

Efectivamente aquí nesta enciclopedia o que si atopamos é un saber de todos, conxunto onde cada un/unha aporta o seu grao de area e o comparte co resto da sociedade. Actualmente, a wikipedia ten artigos nunha morea de linguas e non ten porque existir a mesma información nunha lingua que na outra porque cada edición traballa idependientemente. Unha mostra clara de isto comprobámolo nós na clase de Experiencias de Aprendizaxe na Era Dixital, na cal tivemos a oportunidade de modificar ou crear algún documento na Wikipedia ou na Galipedia como foi o meu caso.

Unha experiencia diferente e ao mesmo tempo formativa porque tes que buscar información e referencialo para que algún colaborador non se dedique a borrarche o teu contido, como me pasou a min.

 

 

Referencias:

 

Margaix, Dídac (2007). Conceptos de web 2.0: origen, definiciones y retos para las bibliotecas actuales. Revista El profesional de la información, v.16, n.2. Data de consulta (1-10-2016). Dispoñible en: http://eprints.rclis.org/9521/1/kx5j65q110j51203.pdf.

Tiscar, L. (2015). Weblogs y Periodismo Participativo. Data de consulta 1-10-2016). Dispoñible en: http://www.tiscar.com/wp-content/Tiscar_Lara_Weblogs_Pparticipativo.pdf.

Torre, Anibal (2006). Web Educativa 2.0. Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa, Núm.20. Data de consulta (1-10-2016). Dispoñible en: file:///C:/Users/usuario/Downloads/515-1593-1-PB.pdf.

 

@