COMPARANDO AUTOBIOGRAFÍAS

O día catro de outubro na clase, tivemos a oportunidade de facer unha comparación da nosa autobiografía no referente a tecnoloxía.

Antes de continuar, dicir que, para min a palabra tecnoloxía sempre a asociei a medios electrónico pero no é así posto que a docente nos puxo un bo exemplo, un rotulador, eu nunca o consideraría como tecnoloxía, pero si, debemos consideralo como tecnoloxía para o docente.

Empezamos a clase en grupo de dous comentando os medios tecnolóxicos que durante a nosa infancia se utilizaran no cole, logo en grupo de catro e por último xa dentro do grupo clase.

A diferenza cos meus compañeiros durante a educación primaria non foi moi significativa porque máis ou menos empregábase o mesmo, audios, videos, etc. Pero a medida que a formación aumentaba si que notei grandes diferenzas posto que eles/-as durante a educación secundaria si que había exemplos chamativos como pode ser o caso de, reconstruír un ordenador, traballaron como ferramentas como o power point. No meu caso, o uso coas tecnoloxías dentro da educación secundaria, reduciuse a algunha proxección con transparencias e pouco máis.

Segundo nos explicaron, o importante de traballar coas TICS é que o traballo teña un impacto social, que quere dicir isto, que se poida utilizar fóra da aula. A profesora, comentaba que moitas veces utilizábanse as TICS como ferramenta para consolidar un contido como pode ser o caso do LIM, onde o alumno pode aprender de forma lúdica pero non é el o que o crea. Outras veces tamén se utilizan como apoio para o docente como pode ser o caso do power point. Pero o verdadeiramente importante é aprender a través delas, pois un exemplo disto, sería que o alumno fose o autor e creador dun powe point de un tema determinado; neste caso, o alumo aprendería  por un lado, os contidos a través da busca de información e polo outro crearía o power point.

Logo desta diferenza moitos dos alí presentes nos demos  conta que aínda a día de hoxe, as TICS no se utilizan da maneira axeita, senón que máis ben para a aprendizaxe ou consolidación dos contidos.

Xa para rematar, dicir que, a clase me pareceu moi enriquecedor mediante a cal puidemos revivir e recordar momentos do noso pasado, que se non fose por esta actividade, non nos parariamos a facelo. Comprobei que debido á diferenza de idade co resto dos compañeiros/-as as tecnoloxía están moito máis presentes nas súas vidas que na miña, por iso empezo a entender a chamada “xeración dixital”.