CONECTIVISMO

Na última sesión de clase, antes de incorporarnos ao practicum, tivemos a oportunidade de ver un vídeo de George Siemens, teórico da ensinanza dixital e creador da teoría do conectivismo xunto á Stephen Dowenes, no que consegue facer un exercicio de localización do que é a sociedade hoxe en día. 

O conectivismo non se pode considerarse unha corrente de aprendizaxe, porque non descubriu nada novo. A teoría dixital non chega para ser nada novo senón que se utiliza a rede como unha oportunidade de aprendizaxe. Supón, un novo enfoque das teorías de aprendizaxe tradicional que xorde do impacto da tecnoloxía e da sociedade da información aos procesos de ensino-aprendizaxe.

Segundo nos explica o autor no vídeo, as fontes de aprendizaxe non só se facilitan na aula, senón que o individuo se desenvolve fóra dela, por tanto, a túa aprendizaxe non só debe de basearse no memorístico (algo moi típico aínda hoxe en día) senón que as raíces de aprendizaxe se desenvolven en calquera lugar ao longo da túa vida, obtemos así, un resultado satisfactorio entre as aprendizaxes,experiencias vividas por ti e a súa vez, as interaccións  cos contidos e cos demais.   Envidentemente, isto sería algo que deberiamos ter en conta todos os docentes porque nas aulas pódese aprender moitos contidos e demais pero logo o ideal sería que todo o aprendido nas aulas se soubese poñer en práctica na vida real.

Na actualidade os homes de negocios intentan mellora a educación, así conseguiran seres creadores e innovadores para as súas empresas, que saiban solucionar problemas, se adapten as tarefas necesarias na era dixital e como conseguinte perciban o que pasa no mundo. As fontes de información están en continúo cambio  por isto, dende a educación deberíamos facer unha paréntese e pensar si o alumnado ao que estamos preparando, unha vez remate o seus estudos, vai ser capaz de poder facer fronte á realidade á que se terá que enfrontar.

Como futuros docentes, debemos tratar de modificar as metodoloxías aplicadas no ensino, tendentes á reprodución de contidos, e así, resolveremos problemas prácticos e urxentes que poidan estar faiando no noso sistema educativo. Por isto, como axente do cambio, debemos ter en conta os ciclos de investigación-acción que se caracteriza como estratexias realizadas para mellor o sistema educativo e social. Caracterízase por se cíclico onde unha vez que identifiques o problema, terás que facer unha proposta de mellora, pola en marcha, executala e avaliala.

Referencias:

Rodríguez A.J. y Molero D.M. (2009). Conectivismo como Gestión del Conocimiento. Revista electrónica de Humanidades, Educación y Comunicación Social 4 (2), 73-85. Data de consulta (23-10-2016). Dispoñible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2937200.

Sobrino-Morrás, A. (2011). Proceso de Enseñanza-Aprendizaje y Web 2.0: Valoración del Conectivismo Como Teoría de Aprendizaje Post-Constructivista.ESE. Estudios sobre educación 11 (20), 117-140. Data de consulta (23-10-2016). Dispoñible en: http://dadun.unav.edu/handle/10171/18344.