EXPERIENCIA NO PRACTICUM

Hoxe vou a falar sobre a miña experiencia durante o practicum nun centro de educación primaria na provincia da Coruña.

Cursei o practicum nunha aula de segundo de primaria por este motivo non tiven a oportunidade de estar nunha aula abalar. No centro si que están adscritos a este proxecto pero polo que me comentou un/unha dos docentes este proxecto non é ben acollido polo profesorado definitivo.

O proxecto abalar foi implantado no centro hai xa anos, non recordan a data, e naquel momento foi ben acollido no centro tanto polo claustro de profesores como polo equipo directivo de aquel momento, sen embargo, na actualidade a maior parte dos docentes definitivos que ten o cole “evita” coller unha aula abalar, os ordenadores avaríanse moitas veces e o máis importante de todo os docentes non ben neste proxecto que se mellorara a educación. Creuse que coa tecnoloxía nas aulas todo o fracaso escolar, as metodoloxías ían cambiar pero non foi así os recursos que atopas en formato dixital son iguais ou similares aos que podes atopar en papel.  

Facendo unha breve reflexión sobre o uso das tecnoloxía durante o practicum, direi que en ningún dos centros onde cursei esta materia se fai uso das TIC como de forma axeitada. Por unha banda, no primeiro centro a aula contaba con pizarra dixital así como ordenador con saída a internet, ilusa de min, pensei que neste centro si que facía uso axeitado sobre o que compite a tecnoloxía, pero logo de avanzado o curso escolar e descubrir que tan so utilizan as TIC para afianzar contidos ou utilizar materiais dixitais que as editoriais ofrecen entendo que non se pode falar de unha competencia dixital para o alumnado. Pola outra, no segundo centro o uso das TIC xa era inexistente, a aula si que dispoñía de ordenador con saída a internet pero en ningún momento se fixo uso del.