OPORTUNIDADE DAS TIC NUNHA AULA

Na sesión desta semana presentóusenos unha visión rápida e global sobre as oportunidades que o software educativo, utilizado como un novo recurso no proceso de ensino-aprendizaxe, pode e debería chegar a todas as aulas a través de  vídeos.

Comprobamos como nenos/as programaban un robot a través de ordes que eles lle daban por medio de un comando, os nenos comunícanse cun código que utiliza codificación matemática, nos primeiros experimentos vese a un neno interactuando cun teclado,por conseguinte, confirmamos que non só o estudio típico e memorístico ao que estamos acostumados nos vale e nos é útil para a vida diaria senón que a través da acción tamén atopamos un bo recurso para achegarnos ao fin que pretendemos. Logo tamén vimos como se aprende  por medio de unha simulación de problemas utilizando o programa Squeak,o docente debe de deseñar espazos, lugares, situacións onde se poida favorecer a aprendizaxe; nestes casos o docente revisará a capacidade que o alumno/a ten a hora de resolver o problema proposto coa súa simulación, non debemos esquecernos que cada neno/a non fai os mesmos patróns pero o máis importante é que eles poidan entender o que se fixo.

Evidentemente empregar un software educativo nunha aula a día de hoxe sería o ideal, mesmo que xa debería ser algo que se estivera a facerse nas aulas aínda que a realidade é ben diferente. Pero eu, como alumna do cuarto grado de mestre en educación primaria non me vexo capacitada logo da educación recibida ao longo de este grado para poder poñelo en práctica.

Primeiramente partirei da idea de que, para que un docente poida ser un bo formador, deberá recibir unha formación acorde ao futuro que lle esperará na súa vida profesional, non podemos esquecer que neste grado que estamos a cursar só tivemos unha materia relacionada coas TIC en primeiro e agora unha optativa en cuarto, o que significa que non todo o alumnado a está cursando.

Xa o mencionei nunha entrada hai uns días, ata que empecei con esta materia pensaba que en moitos dos centros educativos o uso das TIC se facía de forma axeita pero non é así, só reproducen en formato dixital o que antes se facía en material impreso.

Continuarei opinando das potencialidades que estes softwares poden traer a  unha aula, que seguro que non inmensas. Na clase interactiva desta semana nós tamén fixemos unha simulación co  programa squeak onde o recto era construír un reloxo, a verdade que entendín que o proceso de ensino-aprendizaxe era moi diferente ao que eu tiven porque o profesor so estaba en principio para facer de guía. Agora ben, logo de comprobar que a miña simulación  tivo que ser rematada cando o profe nos deu os pasos que tiñamos que seguir  exactamente para concluír a simulación…. entendédeme como vou a facer eu este tipo de actividade nunha aula ? A miña formación creo que non é suficiente, non podes presentar un proxecto a un grupo cando ti non estás plenamente segura.

Xa para rematar a sesión de hoxe dicir que aprendín moito na sesión, sorprendeume como o mundo das tecnoloxía evoluciona de forma axigantada e non nos damos contan, e como recursos dispoñibles na web que son libres e gratuítos poden facilitar o proceso de ensinanza compaxinado na formación da competencia TIC a vez que traballas contidos curriculares.