ATA ONDE TEN QUE CHEGAR O USO DAS TIC

O día 22 de novembro do presente ano na clase falamos sobre o uso das TIC nas aulas debería ser cuestionado, ata onde pode chegar a dixitalización nunha aula ou é necesario traballar a programación si non é un dos obxectivos que na actualidade nos marca a lei.

Logo de buscar información sobre este tema atopei un artigo en Blogthinbig, Bermejo P.G.(2013) no que nos advirte que nun futuro próximo todo o alumnado terá que aprender un novo idioma, a linguaxe da programación para que a súa formación non se vexa foi desfasada  no mundo da dixitación e globalización  que estamos a vivir.

Segundo o autor deste artigo na actualidade o alumnado so emprega os ordenador dende o punto de vista do usuario na materia de informática, pero polo que podo entender, non é suficiente que o sistema educativo che ensine a ver como funciona o ordenador senón que o que se debe buscar é a descubrir o que podo facer con el, por este motivo sería conveniente que aínda que dentro do curriculum non se recolla nada a cerca deste contido se traballase igualmente. Agora ben, para que iso chegue a ser efectivo, evidentemente, moitos dos docente cos que a educación conta actualmente debería ter que formarse para chegar a alcanzar os obxectivos que eles mesmos propoñerán.

Dentro dos países pioneiros en incluír a materia de programación, dende idades temperás e de forma obrigatoria na escola foi Estonia. Israel e Finlandia son outros dos países que tamén introduciron esta materia no ámbito educativo pero para a etapa de secundaria e por último Reino Unido que o fará de forma paulatina.

Os beneficios entendo que poden ser importantes posto que non só ensinas ao neno/a a traballar coa programación senón que tamén a programar. Por outro lado desta forma tamén formas ao alumnado para vida laboral que é o que actualmente é o que pide a lei vixente.

Para concluír dicir que para min todas as clases de esta materia son innovadoras porque da maior parte dos temas que nela se dan nunca oíra falar, en pequena escala ou as referencias que eu tiña eran erróneas. Agora ben, tamén penso que damos moitos temas pero non profundizamos o suficiente para poder ser competentes senón que deberemos seguir informándonos e formándonos.

Referencias:

Bermejo P.G. (2013). Aprender a programar es el futuro de la educación primaria. Blogthinkbig. Data de consulta: 8-12-2016. Dispoñible en: http://blogthinkbig.com/aprender-programar-futuro-educacion/.