CHEGANDO AO FINAL

Xa para rematar o mes de novembro o profesor explicounos a actividade final que todo alumado, en grupo, deberá realizar como proxecto final para a materia.

Concretamente será unha proposta didáctica onde empreguemos a TIC como ferramenta da proposta. O grupo ao que pertenzo decidimos encadrala dentro da área de ciencia na natureza e empregar o programa Algodoo, un programa  libre que permite facer unha simulación por parte do alumnado, sobre o principio da flotabilidade dun corpo. Destinada a proposta a alumnos/as de quinto de educación primaria.

Algodoo é un programa gratuíto, dispoñible na web, que nos permite probalo con moitas opcións. É un programa que permite facer simulacións reais sobre física ou matemáticas de forma que o alumnado poida entender dunha forma máis real e divertida o contido que se quere traballar e de forma máis significativa. Na web hai dispoñibles tutoriais para producir as simulacións con estes programas.