Compartindo autobiografías

Para a materia de Escola, Comunidade e TIC, tivéramos que que facer unha pequena presentación de nós mesmos en formato power point, explicando os motivos polos cáles decidimos estudar esta carreira e non outra, así como cómo era a nosa relación coas TIC.

Nesta sesión interactiva, a principios de cuatrimestre, estivemos compartindo as nosas biografías en aspectos relacionados coas tecnoloxías da información e da comunicación, principalmente en cómo influíron nas nosas aprendizaxes ao longo da escolarización.

Aínda que  todos/as somos máis ou menos da mesma xeración, no grupo había grandes diferenzas en canto ao papel que tiveron as TIC na súa escolarización, onde o nivel de participación do emprego destas ferramentas duns centros aos outros varía moitísimo. Por lado estaba a existencia de centros moi implicados xa na Educación Primaria. Na maioría dos casos, as actividades que implicaban o uso destas ferramentas eran ver películas, usar os radios casetes para practicar a lingua estranxeira (inglés) ou facer audicións en música e as que tiñan un carácter lúdico (como no meu caso). Xa na ESO, o impacto que tiveron estas tecnoloxías na nosa vida cotiá foi enorme. Practicamente eran un recurso máis das tecnoloxías tanto para os docentes como para o alumnado, como o poder ser un libro de texto ou un caderno

Pola outra banda, puidemos apreciar que estes recursos teñen moitas máis posibilidades ás que se lles deron ao longo destes anos. Un dos motivos que o explican pode ser a anclaxe do sistema tradicional. Aínda hoxe en día non se explotan todos os recursos que veñen da man destas tecnoloxías, moitas veces por descoñecemento ou por falta de interese.

Cabe destacar que non é o mesmo aprender sobre as TIC que aprender coas TIC e aprender das TIC. Si, parece confuso, pero hai unha gran diferenza de matiz dunha á outra que me custou comprender. Deste xeito,  a primeira trabállase sobre as propias ferramentas, sendo unha perspectiva restrinxida e instrumental na que non se explota o potencial destas. Non se poden usar os medios como motivación, xa que neste caso o alumno soamente contesta porque segue un patrón condutista.

Porén, aprender coas TIC supón  adquisición dunha aprendizaxe contextualizada, xa que pasan a ser un medio para aprender  nun contexto determinado, onde o alumno ten que indagar e manipular para que a aprendizaxe sexa significativa.

Por último en aprender  das TIC o papel da tecnoloxía pasa a ser a dun recurso máis, ao igual que o libro de texto pero coa diferenza de que ten un papel motivador con respecto ao libro de texto. Esta forma de empregar as TIC é a máis común nas aulas, as actividades están marcadas polo que non teñen a oportunidade de construír o seu coñecemento porque non se pode saír da guía xa establecida.

Retomando o punto de partida, as nosas autobiografías, podemos constatar que as nosas experiencias previas coa tecnoloxía educativa céntranse principalmente en aprender das TIC , posto que moitos de nós so as empregábamos cara a acollida dos contidos dun xeito pasivo, coma meros espectadores ou en xogos exclusivamente condutistas.