PLE e o PLN.

Nesta última semana de clase estivemos, como xa dixen na publicación anterior, explicando os proxectos que cada grupo pensou. Ademais, estivemos vendo en que consiste o PLE e o PLN.

O PLE é un enfoque pedagóxico con unhas enormes implicacións nos procesos de aprendizaxe e con unha base tecnolóxica evidente. Este concepto, saca o mellor partido das innegables posibilidades que ofrecen as tecnoloxía e das emerxentes dinámicas sociais que teñen lugar nos novos escenarios definidos por esas tecnoloxías, ou o que é o mesmo, unha idea que nos axuda a entender cómo aprendemos as persoas usando eficientemente as tecnoloxías que temos a disposición.

Os Entornos Persoais de Aprendizaxe das persoas fórmanse a partir dos procesos, experiencias e estratexias que o aprendiz pode e debe poñer en marcha para aprender, nas condicións sociais e culturais e está determinado polas posibilidades que as tecnoloxías abren e potencian. Isto implica que algúns dos procesos, estratexias ou ben experiencias sexan novos, xa que urxen das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), pero implica tamén que sexa desexable que sean empregados frecuentemente e que sirvan para enriquecer a forma na que aprender as persoas tanto de forma individual como con outros.

Como víamos durante a clase expositiva, despois da Web 2.0 urxe a posibilidade de publicar de forma masiva, xa que todo o tradicional busca un oco no dixital. De esta forma, os portafolios dixitais teñen a capacidade de multiplicar a información. Ante isto, están os portafolios dixitais pensados para a escola? A resposta é no, xa que a escola non está pensada para traballar nos entornos dixitais porque non está organizada por competencias senón por áreas de coñecemento. Isto leva á idea de que non é tecnoloxía, xa que poderíase facer o mesmo en papel e íase a aprender o mesmo.

O PLE conta con varias ferramentas, e estas son as seguintes:

  • Ferramentas e estratexias de lectura: as fontes de información ás que accedo, ofrécenme dita información en forma de obxecto.
  • Ferramentas e estratexias de reflexión: os entornos e servizos nos que podo transformar a información.
  • Ferramentas e estratexias de relación: entornos onde me relaciono con outras persoas de/coas que aprendo.

Os primeiros compoñentes do PLE son as fontes documentais e experiencias de información, entendidas como os nosos “mananciais do coñecemento”, os sitios e os mecanismos polos que nos informamos e extraemos información de forma habitual ou excepcional en diversos formatos. En liñas xerais, as ferramentas, mecanismos e actividades para ler son as seguintes:

  • Ferramentas: blogs, canais de video, newsletters…
  • Mecanismos: curiosidade, iniciativa...
  • Actividades: lectura, conferencias…

Os segundos compoñentes do PLE, integran aquelas ferramentas e espazos nos que facemos cousas coa información conseguida, os sitios nos que damos sentido e reconstruímos o coñecemento a partir da reflexión sobre a información. As ferramentas, mecanismos e actividades para facer son as seguintes:

  • Ferramentas: blogs, caderno de notas…
  • Mecanismos: reflexión, organización…
  • Actividades: creación dun diario de traballo, mapa conceptual…

En canto ao terceiro compoñente do PLE fonte, mecanismos e actitudes para aprender á que nos referimos todo o tempo, non se limita ás documentais individuais senón que en elas inclúe ás persoas segundo a nosa interacción con elas como experiencias que enriquecen o noso coñecemento. Con isto estamos a falar do PLN (Red Persoal de Aprendizaxe). Con isto e según víamos na clase, o PLN intégrase no PLE. Dito isto, as ferramentas, mecanismos e actividades para compartir son as seguintes:

  • Ferramentas: seguimento da actividade na rede, ferramentas de software social…
  • Mecanismos: diálogo, decisión…
  • Actividades: reunións, foros, discusións…

En resumidas contas, a idea de crear portafolios dixitais é moi acertada e a de empregar Entornos Persoais de Aprendizaxe, tamén. Pero non debemos esquecer que hai papeis importantes que non deberían obviarse. 

 

Referencias:

Castañeda, L. y Adell, J. (Eds.). (2013). Entornos Personales de Aprendizaje: claves para el ecosistema
educativo en red. Alcoy: Marfil. 

Fraga Varela, F. y Gewerc Barujel, A. (2009).La búsqueda de un software coherente
con la propuesta de enseñanza. Red U - Revista de Docencia Universitaria.
Número monográfico III. Portafolios electrónicos y educación superior en
España (en coedición con RED). 23 de abril de 2009.