Fin do cuatrimestre.

Aínda son capaz de recordar a miña primeira entrada neste espazo, na cal compartía con todos vos, que a miña elección por esta materia foi a curiosidade e que persoalmente, non se me daban de todo mal as tecnoloxías. Despois de todas as sesións e o tratado en cada unha de elas, doume de conta que todo o que coñecía a cerca das TIC, non era realmente significante con todo o que había detrás e que descubrín ao longo do cuatrimestre.

Durante este tempo, vimos cousas moi interesantes e aproveitables para o noso futuro como mestres. Dende os proxectos Abalar e E-dixgal, a aportación na wikipedia, o conectivismo de George Siemens, vídeos a cerca do emprego dos ordenadores para lograr o aprendizaxe (Seymour Papert), a utilización da aplicación Etoys, Squeak, os inconvenientes e vantaxes da publicidade… Isto só é un breve resumo de todo o que vimos durante case catro meses, aínda que non serve só con citar cada tema tratado senón que detrás de cada un de eles traballáronse cousas moi importantes e ao mesmo tempo interesantes.

Quizais o ensino de moitos conceptos ou coñecementos que adquirín a través da materia de Experiencias de Aprendizaxe na Era Dixital, deberían coñecerse con anterioridade e non coñecelos mediante unha materia optativa senón como obrigatoria, xa que moitos dos meus compañeiros/as que non a cursen, perden de coñecer cousas relevantes na súa formación como futuros docentes. É necesario dicir que non todos os temas dos que falamos teñen o mesmo peso, para min, polo que me gustaría dispoñer de máis tempo para seguir coñecendo moitas máis cousas.

Nun abrir e cerrar de ollos, atopámonos no final do cuatrimestre e aínda que dura case catro meses, ao comezo danos a sensación que o tempo a penas pasa. Isto vai cambiando a medida que imos avanzando e chegados a este punto, teño a sensación de que pasou voando. Para ir rematando, dicir que a materia superou as miñas expectativas que aprendín moito con ela e, por conseguinte co docente que a impartiu. Por isto recoméndolla a calquera persoa.

Ata pronto!