Comezo dunha nova Era...

Hola a todos! A verdade e que cando collín esta materia fíxeno coa idea de que fora unha continuación da que tivemos no primeiro ano que era TIC. Canto aprendimos! Moitas veces falamos de TIC e xa nos ven a cabeza ordenadores, tecnoloxías, móviles, redes sociais, pero non nos ven Tecnoloxía nas aulas, aulas abalar, pizarras dixitais...

Nos días que levo de clase penso que esta materia vai tirar mais ben polo lado das tecnoloxías das aulas, innovación e usos dos recursos tecnolóxicos. Quizáis sexa un pouco diferente o que me esperaba xa que todos estamos rodeados de tecnoloxía en todos os ambitos da nosa vida e do día a día e sempre nos gustaría afondar un pouco máis para estar á moda nos tempo que corren.

Neste caso será algo novo tamén o que aprendamos e penso que pode resultar moi útil e tentar mellorar a nosa función como futuros docentes, e darlle verdadeiro uso as tecnoloxías que nos ofertan os centros. Espero verdadeiramente que isto nos axude a entender un pouco máis e ser mellores docentes para estar innovando en todo momento.

Imos alá con Era Dixital!!