Proposta de innovación

Xa nos atopamos case ao remate deste primeiro cuatrimestre, e agora mais que nunca estamos todos saturados de traballo, con case todo sen entregar e con miles de frontes abertos.

En canto a materia de Experiencias de Aprendizaxe na Era Dixital estivemos adicando as clases interactivas e expositivas á elaboración dun proxecto final, un proxecto de innovación para as aulas. Para ter un pouco de axuda plantexáronnos diferentes puntos:

  • Que é o que quero desenvolver cos nenos?

  • Que queremos que aprendan? Basandonos nunha ou varias áreas do currículum, competencias e situalas.

  • Que recursos vamos a necesitar? Todo mediado pola tecnoloxía, calquer tipo de infraestructura.

  • Para que aula será? Aula Abalar? E-Dixgal? Aula ordinaria?

  • Que actividades vamos a traballar e como vamos a secuencialas?

Comezamos cun “brianstorming” o que coñecemos con chuvia de ideas, tiñamos ideas soltas pero se nos parábamos a pensar a maioría xa estaban feitas, por iso nos parecían familiares. Mais tarde decantámonos por traballar na área de Ciencias de Natureza e traballar actividades sobre algún contido previamente escollido. Atopamos moitos blogs, wikis, ata unha aplicación chamada “cuadernia” onde podíamos crear nos os propios cadernos dixitais e mesmo imprimilos. Pero falando co profesor propúxonos a idea de darlle unha pequena volta, e que fose o alumnado quen diseñara iso. Foi ahí cando se nos truncaron mais as cousas e xa non sabíamos por onde tirar.

Ainda por enriba somos moitas a pensar e cada idea gustanos a nos pero será viable? Poderase levar a cabo sen ter que pedir ningún tipo de permiso? Ou protección de datos?

Todo isto serviunos para darnos conta que a tarefa do docente non é tan doada, que somos nos os que dicimos: “ e que sempre usan libros de texto, claro danllo todo feito”, pois sí, porque elaborar só un proxecto de innovación leva moito tempo, moitos puntos a ter en conta, e o fin e o cabo o que queremos e que os nenos aprendan. É aquí cando se chega a conclusion de usar o libro de texto por comodidade, porque xa ven todo explicadiño, e pouco temos que avanzar nos. E o fin e o cabo volvemos a estar no mesmo bucle do que non queremos innovar e isto asi non vai a cambiar.

Seguiremos pensando como enfocar o noso traballo e darlle outra volta mais, xa que como nos din os nosos profesores do grado: “vos sodes o cambio, vos tedes que innovar e cambiar as tarefas docentes”- Pois imos alá con iso!!