Unha nova volta á proposta de innovación

Boas a todos!

Fai tempo nunha das miñas entradas publiquei a inquietude que estábamos tendo o noso grupo de traballo, coa proposta de innovación, xa que estábamos moi perdidas e confusas polo tema “INNOVAR”. Pois ben, finalmente coa axuda do profesor, ao que agradecemos dita atención, retomamos unha das ideas principais e fomos guíandonos a través dela.

O noso proxecto, enfocouse ó traballo da área de Ciencias da Natureza, concretamente ó Bloque 4: Materia e Enerxía, para sexto curso de Educación Primaria. Con el pretendemos que o alumnado traballe, tanto de forma individual como en equipo, aspectos fundamentais de dita área curricular. A

A metodoloxía a seguir sería a realización de diferentes experimentos en grupos, supervisados polo mestre/a, nos que traballaríamos contidos como o magnetismo, a electricidade, os cambios de estado... para que, a continuación, busquen información na rede sobre eses experimentos, así como o que se traballa con eles. Unha vez que se informan sobre os temas en cuestión, deberán elaborar un documento grupal nunha wiki sobre os aspectos fundamentais  do tema que lles toque por sorteo.

Esta proposta está enfocada para unha aula abalar, xa que así todo o alumnado podería dispor dun ordenador con conexión, e teríamos a oportunidade dunha Wiki privada para a nosa aula, ou o noso centro. Isto conseguiríamolo a través de Wikipedia que nos ofrece a posibilidade de crear unha especifiica e privada xa que ten un software libre.

Traballaremos así de forma competencial, a cal, tal e como se expón no DIGCOMP, defínese como unha competencia básica fundamental pola recomendación europea de 2006 da seguinte forma:  “La Competencia digital implica el uso crítico y seguro de las Tecnologías de la Sociedad de la Información para el trabajo, el tiempo libre y la comunicación. Apoyándose en habilidades TIC básicas: uso de ordenadores para recuperar, evaluar, almacenar, producir, presentar e intercambiar información, y para comunicar y participar en redes de colaboración a través de Internet” (European Parliament and the Council, 2006).

Así, según o DIGCOMP, as áreas de competencias dixital poden resumirse da seguinte forma:

  1. Información: identificar, localizar, recuperar, almacenar, organizar e analizar la información dixital, avaliando a súa finalidade e relevancia.

  2. Comunicación: comunicar en entornos dixitais, compartir recursos a través de ferramentas en liña, conectar e colaborar con outros a través de ferramentas dixitais, interactuar e participar en comunidades e redes; conciencia intercultural.

  3. Creación de contido: crear e editar contidos novos (textos, imaxes, vídeos…), integrar e reelaborar coñecementos e contidos previos, realizar producións artísticas, contidos multimedia e  programación informática, saber aplicar os dereitos de propiedade intelectual y as licencias de uso.   

  4. Seguridade: protección persoal, protección de datos, protección da identidade dixital, uso de seguridade, uso seguro y sostible.

  5. Resolución de problemas: identificar necesidades e recursos dixitais, tomar decisións á hora de elixir a ferramenta dixital apropiada, acorde á finalidade ou necesidade, resolver problemas conceptuais a través de medios dixitais, resolver problemas técnicos, uso creativo da tecnoloxía, actualizar a competencia propia e a de outros.


Ademais de que sexa unha wiki para eles sós, hai que ter en conta as autorizacións dos familiares, titores pola protección de datos.

Daremos tamén a oportunidade de que uha persoa especializada en búsquedas pola rede, veña a comentar esas problemáticas que podemos atopar e que non somos conscientes delas, Como por exemplo o que todos coñecemos como publicidade enganosa. Moitas veces por facer un só “click” xa demos mais información da que cremos e poden saber onde nos atopamos, ou ben gastar cartos sin mais. Para os nenos é moi importante que se formen nese aspecto, tamén para os adultos, pero eles aínda case están a adentrarse no mundo das tecnoloxías, e é un mundo moi amplo no que teñen moitas oportunidades pero no que tamén hai moitos perigos.

Penso que nos quedou unha boa proposta xa que non só serve para traballar as Ciencias da Natureza senon que se pode enfocar en diferentes ámbitos e áreas do currículum. De todos xeitos, felicitar o meu grupo tamén xa que traballamos ben en equipo, e iso sempre se agradece.

Referencias:

Recomendación 2006/962/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 18 de diciembre de 2006, sobre las competencias clave para el aprendizaje permanente [Diario Oficial L 394 de 30.12.2006]. Disponible (01/07/13) en: http://europa.eu/legislation_summaries/education_training_youth/lifelong_learning/c11090_e s.htm

 

Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado. (2013). Marco Común de Competencia Digital Docente . 2016, de Ministerio de Educación Cultura y Deporte Sitio web: https://cv.usc.es/pluginfile.php/173965/mod_resource/content/0/MarcoComunCompeDigiDoceV2.pdf