Proxectos Abalar e E-DIXGAL

Nunha das clases estivemos tratando o tema do proxecto Abalar. Teño que recoñecer que non tiña moito coñecemento sobre o proxecto, aínda que si sabía de que se trataba.

O proxecto Abalar (2009), créase coa finalidade de integrar as TIC na práctica educativa na Comunidade Autónoma de Galicia, para encamiñar o ámbito educativo cara a modernización e mellora da educación.

Abalar o que fai é dotar de material dixital os colexios que o soliciten, tanto centro públicos como privados, que teñan unha determinada infraestrutura.

Uns anos despois, no 2014 surxe o proxecto E-DIXGAL, que lle proporciona os centros Abalar o libro dixital. Vai destinado a nenos e nenas de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO.

A  miña visión sobre estas iniciativas era moi positiva, aínda que sempre tiven a opinión de que non lle encontraba demasiado sentido a implantación dos libros dixitais. Como futura docente penso que é necesario que os nosos alumnos/as estean en contacto co mundo das TIC, pero a miña opinión sobre o libro dixital é que e exactamente igual o libro de texto pero en outro formato.

Xa que as novas tecnoloxías dan maiores oportunidades de innovación, penso que no proxecto E-DIXGAL non hai unha innovación como tal, por cambiar o formato.

Si é moi positivo para as familias, que aforran na compra dos libros de texto.

Na clase estivemos tratando sobre o artigo “Presencia del Libro digital en Galicia: una mirada estadiístico-geográfica del proyecto E-Dixgal” (2016). No que comenta e analiza as diferentes visións do proxecto que non é tan ideal como se quixo pensar en un primeiro momento.

 

Un dos principais problemas que fala no artigo e a diferenza que se atopa hoxe en día en Galicia na educación, xa que nos encontramos con tres realidades diferentes: Escolas non Abalar, escolas involucradas no proxecto Abalar pero non acollidas por E-DIXGAL e por último escolas Abalar acollidas no proxecto E-DIXGAL. Esta diferenza nos centro de toda Galicia, crea unha gran desigualdade na Educación e deixa a miles de nenos e nenas, sobre todo nas zonas rurais e centrais de Galicia, cos que teñen maiores recursos nos centros, e isto está prexudicando na actualidade a nenos e nenas de todo Galicia que non contan coas mesmas oportunidades.