Idea final de proxecto

A nosa última idea para realizar o proxecto final era a de traballar a seguridade vial a través da elaboración dun circuito  co programa Squeak.

A finalidade era que os rapaces elaborasen cada un  o seu propio circuito e fixeran funcionar os coches de maneira que respectaran as sinais de tráfico e non se saísen da calzada. Que eles investigaran como facelos xirar, deterse, avanzar etc.

Pero decatámonos de que era moi complicado, que para conseguir facer isto con este programa tes que ter uns coñecementos de base e telo moi ben controlado.

Por todo isto, de maneira definitiva decidimos traballar a materia de Ciencias da Natureza, centrándonos na Materia e Enerxía para sexto curso a través da utilización dunha wiki.

Para a realización desta contaremos cun espacio abalar, onde cada neno conte co seu ordenador propio, e solicitaremos a Wikipedia que nos proporcione un espacio  tamén propio.

Unha das idea principais polas que decidimos realizar este proxécto é porque moitos centros teñen páxinas web onde colgan as actividades que realizan pero os alumnos non poden participar nelas, ademais así todos os rapaces poden ver a información que aportan os demais compañeiros da clase e teñen a oportunidade de modificala.