Última interactiva

Por irene

Nesta última interactiva falamos do PLE (entorno persoal de aprendizaxe ) PLN(rede persoal de aprendizaxe).

Estes dous conceptos rompen as barreiras do que ata agora separaba a aprendizaxe formal, non formal e informal.

Utilízanse cando se produce un intercambio de información e coñecemento con outras persoas. Foi o que ata agora estivemos utilizando por exemplo co portfolio.

Paréceme unha ferramenta moi interesante para traballar nun futuro cos meus alumnos,  por exemplo como forma alternativa de avaliación.