Proxecto: Algodoo

Para finalizar o curso, propúxosenos unha tarefa a elaborar en grupo. Esta consistía nunha proposta didáctica, na que o recurso principal tiñan que ser as TIC, onde tiñamos que poñer en xaque os contidos da materia, para así demostrar o que sabemos aplicando as ideas e conceptos que aprendemos ao longo destes meses.

No grupo ao que pertenzo, pensamos en diferentes propostas relacionadas co construtivismo e a creación de simulacións. Para iso imos empregar o programa chamado Algodoo, unha plataforma libre de simulación co recoñecemento como software educativo.

As simulacións en Algodoo inclúen o uso das ferramentas de programa (creador de polígonos, cutter, pincel, rectángulo, circulo, engrenaxe, fixar, rotar, punteiro láser, etc) e as súas características (CSG, modificación da velocidade, atracción, refracción, cortar, licuar, etc) para crear complexas simulacións. A simple interface de Algodoo permite aos novos usuarios crear simulacións, e facelas funcionar cuns cuantos clicks, pero sen limitar aos que queren crear complexas creacións. Aínda que sexa doado de empregar, algunhas das súas posibilidades son complexas para un grupo de nenos entre 6-12 anos.

Nun primeiro momento pensamos en traballar o ciclo da auga para segundo, pero mirando o curriculum e a complexidade do tema ao final decidimos cambiar para os cursos máis superiores. Deste xeito, decidimos deseñar unha simulación para demostrar o principio de flotabilidade dos corpos. O programa permite aos usuarios modificar diferentes propiedades físicas dos obxectos coma a a forza gravitacional, fricción, índice de refracción, densidade, capas de colisión, colorear polígonos, movelos, realizar cambios na presión e a flotabilidade, sendo esta última a que vai a rexentar o noso proxecto. Para iso, o software permite crear líquidos a partires de corpos sólidos de distintos materiais e tamaños.

Este programa nos permite achegarnos a descubrir dun xeito seguro e dunha forma que moitas veces dentro da escola sería imposible  facer sen a axuda deste tipos de programas, posto que cada substancia ten o mesmo comportamento ca na realidade dentro da simulación.

Queremos que o estudantes traballen a modelización en ciencias, para iso primeiramente terán que representar a súa idea deste concepto, construíndo unha simulación que o represente para corroborar as súas predicións, para logo comparalas coas dos demais e finalmente chegar ás conclusións finais que expliquen o fenómeno.