E para rematar...

Na última sesión de Era dixital tratamos o concepto de PLE ((Personal Learning Enviroments) ademais de presentar as unidades didácticas dos diferentes grupos.

O PLE, tratámolo co texto “Entornos Personales de Aprendizaje: claves para el sistema educativo en Red” de Linda Castañeda y Jordi Adell. No primeiro capítulo fálanos sobre este concepto no que todas as persoas temos un entorno próximo de aprendizaxe. Na actualidade temos un sen fin de oportunidades de aprender calquera cousas en calquera momento coa innovación das novas tecnoloxías, xa que cos novos teléfonos móbiles temos acceso a internet no momento desde calquer lugar do mundo.

Dentro do entorno persoal de aprendizaxe de un neno, o mestre e o centro educativo son os que maior presenza teñen. Como futuros mestres/as debemos crear un entorno que se base nunha boa aprendizaxe con novas experiencias, e que acerquen o noso alumnado as ferramentas tecnolóxicas actuais especialmente as os servizos que ofrece a Web 2.0. e os novos proxectos que emerxen.

 

Con respecto os proxectos presentados polos meus compañeiros, todos me pareceron moi interesantes e innovadores. Aprendín moito sobre diferentes ferramentas que descoñecía, e que estou segura que no meu futuro como mestra me servirán de moita axuda.

 

Para rematar, quero resaltar a importancia de unha materia como é Era Dixital na formación dun mestre/a.

Aprendín moitos conceptos novos dos que eu nin escoitara falar. Penso que en tan pouco tempo, fixemos un gran avance como grupo dentro do mundo dixital nas aulas, falando e dando as nosas opinións os demais.

Foi un gran acerto elixir esta optativa na miña formación, e sen dúbida gustaríame seguir aprendendo máis de cómo poder traballar cos nenos e nenas dentro do mundo das TIC e darlle os meus futuros alumnos/as as ferramentas necesarias para un mellor aprendizaxe e poder aproveitar ao máximo todo este mundo de oportunidades que temos a nosa disposición.