Rematando....

Nesta última entrada, tentarei farei un breve resumo da aprendizaxe que esta materia, Experiencias e Aprendizaxe na Era Dixital, me aportou ao longo do cuadrimestre.

Empezarei falando dos contidos tratados na última sesión que foron relacionados co PLE (Personal Learning Environment), é un entorno persoal de aprendizaxe que che permite recibir información por diversas fontes, filtrala e compartila coa comunidade. Un recurso que a día de hoxe, practicamente está ao alcance de todos. Evidentemente estas ferramentas están sendo empregadas na actualidade porque antes a información era ou ben recibida pola comunidade máis próxima ou polo docente sen poder ser contrastada por outros medios.

Continuo co desenvolvemento da clase, onde tivo lugar a sesión das propostas de traballo con ferramentas TIC, a verdade é que me pareceron moi sorprendentes e realistas para poder desenvolver nunha aula de primaria. Sorprendeume sobre todo a actividade dun dos grupos onde non só se utilizaron ferramentas TIC para a proposta, senón a actividade tamén se desenvolvía nun parque, algo moi real para o alumnado ao que van case tódolos días e non te decatas de moitas das cousas que alí podes facer e aprender facendo unha aprendizaxe dun xeito máis lúdico.

A miña experiencia nesta materia foi positiva, intensa, aínda que debo recoñecer que esta período de formación resulta escaso par afondar en moitos temas, para cando un se sitúa no entorno que se está a tratar xa se cambia para outro que volve a ser totalmente novo.

Todo o esforzo que me supuxo poñerme, un pouco ao día, na maior parte dos temas,  se verá recompensado por todo o que me aportou e por todo o que despois poder poñer en práctica na miña docencia.

Son consciente que aínda me queda moito que aprender, e que na medida do posible, seguirei formándome para que na vida profesional sexa capaz de formar a individuos competentes coas tecnoloxías, advertido de moitos riscos que a rede pode ter, o uso da publicidade e sobre todo “abrirlle os ollos” (como me pasou a min) para que poidan ser críticos e que sexan capaces de buscar e filtrar información e que non crean que todo o que se di é verdadeiro.

Felices Festas!